José Díaz Yáñez, finado en Lugo o 16 de outubro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria En maio de 1935 foi secretario de mesa nunha xuntanza do SIP de Cariño.Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (D) Botouse ao monte e formou parte do grupo guerrilleiro de Roberto Alonso Díaz. Foi capturado en 1946 na provincia de Lugo. Encartado na causa 538/46 como autor de seis roubos a man armada e morte dunha muller, con Rosendo Chao Cal, Ramón Bahamonde Ramudo, Ramón Fraga Iglesias, Bibiano Palmeiro Cortiñas, Guillermo Paz Fraga, Jesús Otero Fernández, Jesús Fernández Picos, José Yáñez García e Roberto Alonso Díaz. Xulgado en Lugo, foi condenado a morte. Foi executado no garrote vil en Lugo o 16 de outubro de 1947.El Ideal Gallego, 17-10-1947, p. 2.La Voz de Galicia, 17-10-1947, p. 2.ABC, 17-10-1947, p. 11.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1947