Benquerencia no tempo é unha exposición etnográfica permanente mantida polo Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia (Barreiros) nas antigas escolas do Canteiro.MEMORIA EXPOSICIÓN ETNOGRAFICA BENQUERENCIA (OK).pdf A exposición, gratuíta e "dedicada a recuperación histórica das costumes, empregos e oficios, vida cotidiá e cultural dos nosos antepasados", inaugurouse en xullo de 2022. Foi impulsada polo CIR na presidencia de José Otero Méndez.
Características
Ten máis de 2000 pezas cedidas por familias da zona, agrupadas por seccións ocupando o baixo do edificio. Aberta nas tardes do verán, algunhas das seccións que contén son Agricultura e labranza, Xoguetes, O pan, O liño e a la, Emigración, A pesca e o mar, Medidas, A chegada da tecnoloxía, Escola etc. Todas as pezas están identificadas e coa referencia a casa que as doou. Entre os obxectos expostos algún é simbólico, como unha máquina de escribir Underwood encargada por un emigrante de Cuba aos Estados Unidos, coa singularidade de ter a tecla Ñ.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Barreiros
Categoría:Exposicións en Galicia