José Anca Hermida, nado en San Sadurniño o 11 de febreiro de 1908 e finado en México o 14 de febreiro de 1968, foi un militar e político galego.
Traxectoria
Radiotelegrafista. Ingresou na Armada como aprendiz de mariñeiro en agosto de 1923. Ao ano seguinte pasou a aprendiz de radio e en setembro de 1925 a mariñeiro especialista en radio, prestando servizo na Base Naval de Cartaxena nos submarinos C-2 e B-5. En novembro de 1930 ascendeu a cabo radio e dende setembro de 1932 estivo destinado en Maó. O 30 de novembro de 1933 licenciouse e abandonou a Armada.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 reingresou na Armada reincorporándose á Base Naval de Maó o 25 de xullo.Gaceta de la República, 22-2-1937, p. 918.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 3-2-1938, p. 335. De alí pasou ao Goberno Militar de Menorca en Maó como cabo telegrafista cifrador. Pouco antes da chegada das tropas franquistas, o 8 de febreiro de 1939, marchou a Francia nun barco inglés. Despois trasladouse á zona Centro e formu parte da Agrupación Socialista de Puente de Vallecas en Madrid. Exiliouse en Francia, estivo internado nos campos de concentración de Argelés sur Mer e Vernet ata que o 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia En México estableceuse como axente de vendas e xefe de persoal de varias empresas.
Vida persoal
Casou en Menorca con Mercedes Hernández Cardona.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas El exilio a México de los marinos de la Armada da la II República Española Mariano Sánchez Roca, coronel auditor de la Armada republicana
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México
Categoría:Nados en San Sadurniño
Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1968