Alejandro "Álex" Gallar Falguera, nado en Terrassa o 19 de marzo de 1992, é un futbolista catalán que xoga na posición de centrocampista ou dianteiro. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Terrassa Futbol Club. O 8 de decembro de 2009 debutou co primeiro equipo, nun partido de Segunda División B contra a Unió Esportiva Lleida. O 14 de abril de 2010 anotou o seu primeiro gol sénior ante o Orihuela CF. En xuño dese ano fichou polo RCD Mallorca, regresando ao fútbol xuvenil. Durante a tempada 2011/12 foi promovido ao Mallorca B.

O 2 de agosto de 2012, Gallar fichou polo Real Murcia Imperial na Terceira División. En xaneiro de 2013 pasou a formar parte do UE Rubí. O 28 de maio de 2013 regresou ao Terrassa cun contrato dun ano. Posteriormente xogou unha tempada co Cornellà e outra co Hércules. O 8 de xullo de 2016 asinou pola Cultural y Deportiva Leonesa. Durante a tempada 2016/17 foi unha peza chave no ascenso do conxunto leonés á Segunda División e anotou un total de 20 goles, a mellor marca da súa carreira.

O 10 de xullo de 2017, Álex Gallar asinou polo Huesca da Segunda División. O 19 de agosto de 2017 tivo lugar a súa estrea no fútbol profesional nun encontro contra o Numancia. Anotou 8 goles durante a tempada na que o equipo aragonés conseguiu un ascenso histórico á Primeira División. O 19 de agosto de 2018 marcou o seu primeiro gol na máxima categoría ante o Eibar.

Tras o descenso do Huesca, o 21 de agosto de 2019 anunciouse a fichaxe de Gallar polo Girona. En setembro de 2020 foi cedido ao Cartagena. Renovou a cesión por unha tempada máis e en xullo de 2022 abandonou o club catalán.

Un día despois de deixar o Girona, Gallar asinou polo Málaga CF. En xuño de 2023, tras o descenso do equipo malagueño, Gallar activou a cláusula de rescisión do seu contrato e saíu do club. En agosto dese mesmo ano pasou a formar parte do UD Ibiza.

En xaneiro de 2026 anunciouse a súa saída do Ibiza e a fichaxe polo Club Deportivo Lugo na Primeira Federación.

Traxectoria internacional En marzo de 2019, Álex Gallar foi convocado pola Selección de fútbol de Cataluña para xogar un partido amigábel contra Venezuela. Porén, o Huesca non autorizou a súa participación nin a do seu compañeiro de equipo, Enric Gallego.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Álex Gallar en BDFutbol Álex Gallar en LaPreferente.com Álex Gallar en Soccerway

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Terrasa Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores do Terrassa FC Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do CD Lugo