Álvaro Miguel García Pascual, nado en Benalmádena o 1 de xaneiro de 2002, é un futbolista español que xoga como dianteiro do Cádiz, da Segunda División.
Traxectoria Nacido en Benalmádena, xogou nas canteiras de varios clubs locais, así como no Black Rock FC dos Estados Unidos. En 2021 iniciou unha etapa de tres anos no fútbol universitario estadounidense, pasando polas conxuntos da Universidade de Carolina Costeira e da Universidade Marshall.
De regreso en España, o 4 de xullo de 2024 incorporouse ao Sevilla C. O 14 de decembro de 2024, aproveitando unha sanción a Isaac Romero, debutou c primeiro equipo do Sevilla na Primeira División, substituíndo a Kelechi Iheanacho nun partido ante o Celta de Vigo. Anotou o seu primeiro gol na categoría o 13 de maio seguinte, facendo o único tanto dunha vitoria ante a UD Las Palmas.
O 4 de xullo de 2025 asinou un contrato de tres anos co Cádiz, da Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Benalmádena Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Cádiz CF