Y Fro Gymraeg, pronunciado [ə vroːˈɡəmrɑːɨɡ], literalmente, zona de fala galesa, é un termo usado para describir zonas de Gales onde predominan os falantes de lingua galesa. É unha especie de bastión do galés, semellante á Gaeltacht en Irlanda ou á Gàidhealtachd en Escocia. Con todo, a diferenza de Irlanda, a zona de Y Fro Gymraeg non ten actualmente recoñecemento oficial por parte do goberno. O termo úsase na sociolingüística e en informes públicos para describir a área onde o galés foi historicamente maioritario, especialmente no norte e oeste do pais.
Extensión A área da Y Fro Gymraeg inclúe varios condados enteiros de Gales e inclúe partes dos condados veciños. Non existe unha delimitación administrativa única e pechada: distintos estudos e documentos empregan o termo con criterios e listaxes de territorios lixeiramente diferentes, e algunhas fontes subliñan a dificultade de definir esta xeografía.
Os catro principais condados de fala galesa son Gwynedd, Carmarthenshire (en galés: Sir Gaerfyrddin), Ceredigion e Anglesey (Ynys Môn). As seguintes áreas adxacentes a estes condados tamén están normalmente incluídas na Y Fro: Neath Port Talbot (Castell-nedd Port Talbot ), as partes occidentais de Powys, o norte de Pembrokeshire (Sir Benfro) e partes de Conwy, Denbighshire (Sir Ddinbych), Flintshire (Sir y Fflint ) e Swansea (Abertawe).Welsh Government, Increasing the number of communities where Welsh is the main language (Task and Finish Group report). Consultado o 1 de xaneiro de 2026.
Influencia O primeiro en recoñecer a forte influencia que a área de Y Fro Gymraeg podería ter no resto de Gales foi Owain Owain, profesor da Universidade de Bangor, quen publicou un mapa que mostraba os límites da área na revista Tafod y Ddraig en xaneiro de 1964. Nun artigo do 12 de novembro dese ano, escribiu en galés:
Este desexo de protexer a área da lingua galesa converteuse no obxectivo de Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (a Asociación da Lingua Galesa) e reflectiuse posteriormente en organizacións semellantes, como Cymuned.
Ensino
A educación secundaria galesa adoita ser citada como un dos principais impulsores da normalización e revitalización da lingua galesa. En xeral, o ensino secundario na zona de Y Fro Gymraeg impártese en galés, e a lingua representa aproximadamente o 70% da xornada escolar para nenos e adolescentes.
O ensino en galés e o ensino bilingüe (galés e inglés) descríbense mediante categorías oficiais que indican o grao de uso do galés na ensinanza e na vida diaria do centro. Estas categorías inclúen modelos nos que o galés é a lingua principal e outros bilingües definidos, entre outros criterios, pola proporción de materias impartidas en galés, como os tipos bilingües con polo menos un 80 % das materias en galés ou entre o 50 % e o 79 %.Goberno de Gales. Guidance on school categories according to Welsh-medium provision. (en inglés) Consultado o 1 de xaneiro de 2026.
Na práctica, a distribución destes modelos varía segundo a zona, con maior presenza de centros en galés e bilingües nas áreas con tradición de uso social da lingua. Segundo o School Census, en xaneiro de 2025 había 405 escolas de medio galés (centros coa lingua galesa como lingua vehicular maioritaria) e 66 escolas bilingües, con 93.377 alumnos (21 %) en escolas de medio galés e 23.807 (5 %) en escolas bilingües, e unha concentración elevada destes centros en condados como Ynys Môn/Isle of Anglesey, Gwynedd, Conwy, Ceredigion e Carmarthenshire.
Nalgúns territorios como Ceredigion, informes oficiais sinalan que máis do 90 % do alumnado continúa en ensino en galés ou en liñas en galés ao pasar á educación secundaria.
A estratexia oficial Cymraeg 2050 fixa como obxectivo chegar ao millón de falantes en 2050 e identifica a educación como un eixo clave para incrementar a adquisición da lingua e consolidar falantes competentes. Documentos do Senedd e do propio Goberno de Gales salientan explicitamente que o aumento do alumnado escolarizado en galés ou de maneira bilingue é unha prioridade para cumprir as metas de 2050.Welsh Government, Cymraeg 2050: A million Welsh speakers. Consultado o 3 de xaneiro de 2026. Senedd, Business Committee, WRITTEN EVIDENCE PAPER TO THE CULTURE, WELSH LANGUAGE & COMMUNICATIONS COMMITTEE Minister for Lifelong Learning & Welsh Language: January 2018 The Welsh Language: Cymraeg 2050 (paper). Consultado o 3 de xaneiro de 2026.
A boa imaxe asociada ao ensino en galés convive con críticas e retos recorrentes. Entre os máis citados están:
Progresión e continuidade na educación secundaria superior (Key Stage 4) e no post-16: diversos informes sobre as áreas galesofalantes sinalaron que a oferta e a continuidade non avanzaron o suficiente durante anos e que os datos non eran satisfactorios en termos de progresión. Planificación territorial: as autoridades locais deben elaborar plans estratéxicos (WESP) para expandir e mellorar a provisión en galés, e estes plans son presentados como instrumentos de cambio a longo prazo. Falta de persoal cualificado: recoñécese de maneira expresa que a situación é especialmente complexa na secundaria para recrutar profesorado capaz de ensinar materias a través do galés (con especial impacto en certas disciplinas).Welsh Government, Guidance on Welsh in Education Strategic Plans (WESP) (statutory guidance). https://www.gov.wales/sites/default/files/publications/2021-02/guidance-welsh-in-education-strategic-plan.pdf (consultado o 2026-01-03). Welsh Government, Welsh in education workforce plan. https://www.gov.wales/sites/default/files/publications/2022-05/welsh-in-education-workforce-plan.pdf (consultado o 2026-01-03).
Servizo público e sinalización viaria Na zona de Y Fro Gymraeg, os sinais de tráfico móstranse inicialmente cos seus nomes galeses. Isto tamén é común en zonas onde non se fala predominantemente o galés, xa que esta práctica ten como obxectivo aumentar o uso e o coñecemento da lingua.
En xeral, as edicións oficiais e institucionais son bilingües, aparecendo a miúdo primeiro en galés e, como tal, houbo un aumento no uso desta lingua en documentos e publicacións na área.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Gael Gaels Gaélico (linguas goidélicas) Lingua galesa
Ligazóns externas
Mapa de 2001 das persoas capaces de falar galés Gàidhealtachd -- As áreas de fala gaélica escocesa de Escocia Gaeltacht -- Zonas de fala irlandesa en Irlanda
Categoría:Lingua galesa