Os anticorpos policlonais (pAbs) son anticorpos que son segregados por diferentes liñaxes de células B do sistema inmunitario (mentres que os anticorpos monoclonais proceden dunha soa liñaxe celular). Son unha colección de moléculas de inmunoglobulinas distintas que reaccionan contra un antíxeno específico, cada unha das cales identifica un epítopo diferente.

Produción O procedemento xeral para producir anticorpos policlonais é o seguinte: Preparación do antíxeno Selección e preparación do adxuvante Selección do animal onde se realizará Proceso de inxección Extracción do soro sanguíneo. Un conxugado antíxeno/adxuvante inxéctase nun aniimal elixido para iniciar unha reposta inmune amplificada. Despois dunha serie de inxeccións durante un período de tempo específico, espérase que o animal cree anticorpos contra o conxugado. Despois, extráese o sangue do animal e purifícase a partir del os anticorpos de interese obtidos.

A inoculación realízase nun mamífero adecuado, como un rato, coello ou cabra. A miúdo prefírense animais máis grandes, xa que a cantidade de soro sanguíneo que se pode recoller é maior. Inxéctase no animal un antíxeno que induce aos linfocitos B a producir inmunoglobulinas IgG específicas para o antíxeno. Estas IgGs policlonal purifícanse do soro do animal.

Existen moitas metodoloxías para a produción de anticorpos policlonais en animais de laboratorio. As directrices institucionais sobre o uso e procedementos con animais en relación a estas metodoloxías están xeralmente orientados a consideracións humanitarias e condutas apropiadas sobre o uso de adxuvantes (axentes que modifican o efecto doutros axentes e teñen poucos ou ningún efectos directos cando se administran). Isto inclúe a selección de adxuvantes, rutas de administración, volumes de inxección por sitio e número de sitios por animal. As políticas institucionais inclúen os volumes permisibles de extracción de sangue e precaucións de seguridade incluíndo as restricións e sedacións ou anestesia apropiadas dos animais para a prevención de lesións nos animais ou no persoal.

O obxectivo principal da produción de anticorpos en animais de laboratorio é obter unha alta titulación, antisoros de alta afinidade para o uso en experimentación ou tests de diagnóstico. Os adxuvantes utilízanse pra mellorar ou potenciar a resposta inmunitaria aos antíxenos. A maioría dos adxuvantes aplicanse nun sitio de inxección, que funciona como un depósito de antíxenos que permite unha liberación lenta do antíxeno nos ganglios linfáticos drenantes.

Moitos adxuvantes tamén conteñen ou actúan directamente como: surfactantes que promoven a concentración de moléculas de antíxenos proteicos nunha grande área superficial, e moléculas ou propiedades inmunoestimuladoras. Os adxuvantes son usados xeralmente con antíxenos proteicos solubles para incrementar a titulación de anticorpos e inducir unha resposta prolongada acompañada de memoria inmunolóxica. Tales antíxenos por si mesmos son xeralmente malos inmunóxenos. A maioría dos antíxenos proteicos complexos inducen a formación de múltiples clons de células B durante a resposta inmunitaria, e así a resposta é policlonal. As respostas inmunitarias a antíxenos non proteicos son xeralmente moderadas ou potenciadas por adxuvantes e non se orixina un sistema de memoria.

Os anticorpos prodúcense actualmente por illamento de linfocitos B humanos para producir mesturas de anticorpos monocloanis específicos. A compañía biotecnolóxica Symphogen, desenvolve este tipo de anticorpos para aplicacións terapéuticas. Foi a primeira compañía de investigacións que chegou a facer ensaios en fase II con mesturas de anticorpos monoclonais que imitan a diversidade de fármacos de anticorpos policlonais. Esta produción impide a transmisión viral e de prións e este é o proceso máis simple.

Usos farmacéuticos

O anticorpo antidigoxina Digoxine Inmune Fab é o fragmento para a unión do antíxeno dos anticorpos policlonais producidos contra o derivado da Digitalis usado como hapteno unido a unha proteína e é usado para eliminar a toxicidade potencialmente mortal á digoxina ou dixitoxina.

O anticorpo inmunoglobulina Rho(D) está feito de plasma humano agrupado proporcionado por doantes Rh-negativos con anticorpos para o antíxeno D. É utilizado para proporcionar unha unión inmunitaria ao antíxeno, impedindo unha resposta inmunitaria materna activa que podería causar a doenza hemolítica do neonato.Hemolytic disease of the newborn – Blood Groups and Red Cell Antigens , NCBI BookshelfWomen's donated blood yields lifesaving RhoGAM . USAToday.com

Rozrolimupab é o anticorpo policlonal humano recombinante anti-RhD composto de 25 anticorpos IgG1 únicos e úsase para o tratamento da púrpura trombocitopenia inmunitaria e a prevención da isoinmunización nunha muller grávida Rh-negativa.

O REGN-COV2 (Regeneron Pharmaceuticals) é un posible tratamento para pacientes de COVID-19 e para previr a infección polo coronavirus SARS-CoV-2.

Vantaxes O uso de anticorpos policlonis (pAbs) comparado cos anticorpos monoclonais ten algunhas vantaxes. As destrezas técnicas necesarias para producir anticorpos policlonais non son tan grandes. Son baratos de fabricar e poden xerarse bastante rapidamente, tardando varios meses en poducirse. Os pAbs son heteroxéneos, e poden unirse a unha ampla variedade de epítopos de antíxenos. Como os pAbs se producen a partir dun gran número de clons de células B, é máis probable que teñan éxito á hora de unirse a un antíxeno específico. Os pAbs permanecen estables en diferentes ambientes, como un cambio de pH ou da concentración de sales, o que lles permite ser máis aplicables en certos procedementos. Adicionalmente, dependendo da cantidade necesaria, os pAbs poden producirse en grandes cantidades en relación co tamaño do animal usado.

Inconvenientes Hai tamén inconvenientes no uso de anticorpos policlonais compardos cos monoclonais. Teñen que ver principalmente coa reprodutibilidade. Os pAbs xéranse pola resposta inmune a un antíxeno. Os animais e os humanos xeran diferentes anticorpos contra o mesmo antíxeno. No caso dunha exposición múltiple ao mesmo antíxeno, a mestura de pAbs cambiará co tempo. Isto é o que se chama variabilidade dun lote a outro, que é unha das grandes preocupacións do uso dos pAbs.

Anticorpos policlonais recombinantes Malia estes inconvenientes, o amplo recoñecemento de epítopos dos anticorpos policlonais e maior sensibilidade son claves para diferentes aplicacións. Os científicos usan mesturas de anticorpos monoclonais (mAbs) que imitan os pAbs. A produción de mAbs recombinantes resolveu as preocupacións sobre a variabilidade e reproducibilidade dos pAbs. A mestura de moitos mAbs imita o amplo recoñecemento de epítopos dos pAbs e maior sensibilidade. Os avances recentes na tecnoloxía permitiu unha secuenciación directa de anticorpos policlonais de humanos e animais inmunizados. Eses anticorpos poden despois ser producidos como recombinantes para imitar os pAbs orixinais xerados polo sistema inmunitario.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Célula B plasmática Clon (células B) Resposta policlonal

Ligazóns externas Nature News piece on polyclonal antibody therapy Immunological Measures of Antigenicity (online textbook, see section 11.1.) Polyclonal antibody in Dictionary of Cell and Molecular Biology Generating antibodies at openwetware (descrición técnica para investigadores) Polyclonal vs Monoclonal Antibodies

Categoría:Anticorpos Categoría:Inmunoloxía Categoría:Sistema inmunitario Categoría:Biotecnoloxía Categoría:Glicoproteínas