Panonia Savia, ou simplemente Savia, foi unha provincia romana do Baixo Imperio Romano. Foi creada no ano 295 durante a reforma da tetrarquía do emperador romano Diocleciano e integrouse na diocese de Panonia, que no século IV foi incorporada á Prefectura Pretoriana de Iliria e, máis tarde, á Prefectura Pretoriana de Italia.
A provincia foi asaltada varias veces por pobos migratorios, incluídos os hunos e os godos, durante os séculos IV e V. Nos anos do 490, foi incorporada ao Reino Ostrogodo.
A capital da provincia era Siscia (actual Sisak). Panonia Savia incluía territorios dos países actuais Croacia, Eslovenia e Bosnia e Hercegovina.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
dereita|miniatura|250x250px|Sólido de Constantino I (306-337), atopado en Siscia (reverso)
Outros artigos Panonia Provincias romanas Imperio romano
Ligazóns externas Mapa de western.irílico
Categoría:Provincias romanas