A Unión Republicana foi un partido político español fundado en 1903, en Madrid, por Nicolás Salmerón e Alejandro Lerroux baixo a dirección do primeiro, co propósito de unificar as esparexidas forzas republicanas españolas durante a Restauración borbónica. No seu programa se pretendía a restauración da Constitución de 1869, a proclamación da República e a convocatoria dunhas Cortes constituíntes.
Historia e características
Creación Xa dende 1901, aparecían voces e intentos de unidade republicana en Cataluña, Almería ou Málaga, onde os mítines son o principal medio espallador das ideas unitarias.De Miguel (2016), pp. 557-558 Finalmente, lévase a cabo coa creación do partido, o 25 de marzo de 1903, a partir dunha grande asemblea republicana celebrada no Teatro Lírico de Madrid con Nicolás Salmerón, como líder principal, e apoiado por Alejandro Lerroux.De Miguel (1996), p. 558Avilés Farré, Elizalde Pérez-Grueso e Sueiro Seoane (2002), p. 215 Conflúen nel case tódalas tendencias republicanas, e algúns sectores obreiros, agás os progresistas dirixidos por José María Esquerdo e un sector do republicanismo federal.
Eleccións de 1903 Nas eleccións xerais de España de 1903, celebradas en abril, a Unión Republicana colleitou un grande éxito chegando a 36 deputados,De Miguel (2002), p. 572 13 deles en Cataluña, e unha presenza significativa nas grandes cidades. Así, as súas candidaturas en Madrid, Barcelona e Valencia, saíron integramente, e tamén foron exitosas en capitais de provincia como Castelló, Cádiz, Salamanca, Granada, Palma de Mallorca, A Coruña, Tarragona, Logroño e Lleida. En Barcelona, colleitou 35.000 votos, que foi o maior nivel de votación dunha candidatura de esquerdas até as eleccións de 1931. miniatura|Mitin republicano no frontón central de Madrid (1905). Participaron, entre outros, Blasco Ibáñez e Salmerón. Nas eleccións xerais de 1905, a Unión Republicana obtivo 30 escanos.
Crise e ruptura Tres anos máis tarde, en 1908, a UR achegouse aos rexionalistas cataláns e integrouse na coalición Solidaritat Catalana. Pero diante do desexo de autonomía dos cataláns, a Unión escindiuse entre os partidarios de colaborar cos rexionalistas (liderados por Salmerón) e os que se opuñan ao catalanismo, encabezados por Lerroux e apoiados, tras un intento de conciliación, por Julián Besteiro.
En 1908,cando a posición favorable ao catalanismo se impuxo no seo do partido, o sector de Lerroux abandonou a Unión e fundou o Partido Republicano RadicalSanz Noya (2009), pp. 91-92 e os republicanos de Blasco Ibáñez, se escindiron creando o Partido de Unión Republicana Autonomista.Martínez Roda (1998), p. 188.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Blasquismo Lerrouxismo Republicanismo en España
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España