O Día de santo André, celebrado o 30 de novembro, é unha solemnidade cristiá considerada o día da conmemoración do martirio dun dos doce apóstolos de Cristo, festa pública en Barbados, Escocia e Romanía, países que recoñecen o apóstolo André como o seu santo patrón, mais tamén se celebra en Moldova o 13 de decembro segundo o calendario ortodoxo vello. Está considerada como a primeira celebración invernal do pobo romanés, sendo chamada tamén Cap de inverno ou Sântandrei. En Alemaña coñécese como a Andreasnacht (Noite de santo André), en Austria co costume do Andreasgebet (Oración de santo André), Калита́ na Ucraína e en Polonia como Andrzejki (Andreus).

A orixe desta festividade católica son as tradicións pagás que perduraron en Europa central coñecidas como as costumes da Noite das Predicións, así como o Nadal, Aninovo ou Santo Tomé (21 de decembro), é especialmente axeitada para atraer ou descubrir quen será o futuro compañeiro matrimonial. Isto débese a que santo André non é só o patrón dos pescadores, senón tamén dos namorados e do matrimonio.

Tradicións miniatura|Traxes de festa o día de santo André na Ucraína.

No leste de Europa celébrase a noite de santo André nunha mestura de festividade infatil de desfraces e a conservación de prácticas populares asociadas á adiviñación. Existen numerosas crenzas e supersticións relacionadas co misticismo da Noite de santo André. En Romanía dise que é propicia para certas prácticas e feitizos de amor. A forma e o contido desta tradición constrúense sobre un leitmotiv ben determinado: o amor e o matrimonio. As mozas fán feitizos con diferentes obxectos, como:

Coas bolboretas: As mozas reunidas nunha casa van á fonte, collen auga e volven á casa, onde fan pequenas bolboretas de masa de fariña, que logo colocan no limiar da porta e chaman aos cans para que llas coman. Dise que a moza cuxa bolboreta sexa comida primeiro será a primeira en casar, etc.

Coa candea no limiar: Todas as mozas collen dúas candeas que acenden. Unha candea representa o nome do seu destino, e a outra o nome da moza. Despois, as candeas colócanse baixo unha porta. Dise que o primeiro en morrer será aquel cuxa candea se apague antes.

Coas pingas de cera no prato: Colócase un prato con auga e vértese unhas dúas pingas de cera, de xeito que simbolizen o home e a muller do destino. Logo mestúrase a auga e se as pingas de cera se xuntan, significa que a moza casará co mozo amado; en caso contrario, non casará durante tres anos.

Co trigo: Para ver ao seu destino, as mozas poñían baixo a almofada 41 fíos de trigo pola noite, e ao deitarense dicían: "Vós, 41 fíos de trigo / Eu vou durmir / E vou descansar / Pero eu rógolle a Deus / Que me mande o meu anxo / Que me mostre o meu destino / O que me foi dado por Deus".

Coa peúga: Nun corredor da casa, as mozas presentes colocan cada unha unha peúga, dun extremo a outro, formando unha cadea, e a moza cuxa peúga chegue primeiro ao final do estancia será a primeira en casar.

Coa candea: Nunha tiola ou recipiente fondo bótase auga, as mozas escriben nun anacos de papel letras e colócanas no recipiente con auga, mestúranas e acenden unha candea sobre o recipiente; e sobre cal letra caia a primeira pinga de cera, esa será a inicial do seu destino.

Co galo: Diante dun galo, colócanse por quenda: auga, grans e un espello; dependendo do que faga o galo, saberán como é o seu destino: Se o galo bebe auga primeiro, entón o seu marido beberá moito; Se o galo come grans primeiro, entón o seu marido comerá moito; Se o galo mira no espello e canta, entón o seu marido será ordenado e encantador.

Coa ovella: As mozas van ao curral, na escuridade, para coller unha ovella. Se a ovella é nova, entón o seu destino será semellante a ela ou, polo menos, terán pouca diferenza de idade; e se a ovella é vella, entón o noivo terá unha idade avanzada.

Co porco: As mozas van de noite ao coitelo do porco e gritan por quendas: "Huideo, o ano que ven ou en cinco anos". Se o porco gruñe unha vez, significa que casará nun ano; e se gruñe 5-6 veces, casará, respectivamente, en 5-6 anos; e se non gruñe, significa que a moza en cuestión non casará nunca.

As mozas tamén adiviñan o seu destino coa axuda dos paus da cerca. Así, de noite, na escuridade, tocan un pau, desde o que continúan contando ata o noveno pau, no que atan unha corda ou la vermella. Ao día seguinte van ver como será o seu elixido. Se o pau é recto e liso, o futuro marido será novo e fermoso, pero pobre. Se o pau é curto e nodoso, o marido será vello e pobre, e se ten a codia grosa, será rico. Se o pau ten moitas pólas, o destino será un viúvo con moitos fillos.

Igualmente frecuente é a tradición do "Roubo da Porta", segundo a cal, na noite de santo André, grupos de mozos rouban as portas das casas onde viven mozas bonitas, en idade de casar. Os seus pais comezan entón a busca das portas e intentan seducir os mozos con comida e bebida, ou incluso con diñeiro, para saber onde foron escondidas. O xesto dos mozos era unha invitación a abrir as portas aos pretendentes. Despois, os fogares recuperan as súas portas e instálanas de volta eles mesmos.

Segundo como sexa esta noite, sábese que tipo de inverno haberá: Se en santo André a lúa está chea e o ceo despexado, o inverno será brando. Se a lúa está chea e o ceo escuro, se neva ou chove, durante o inverno haberá grandes e pesadas nevaradas.

Na Ucraína, segundo as lendas da igrexa local, o santo predicou o cristianismo en Escitia e chegou até Kíiv, onde nun outeiro colocou unha cruz coas palabras: "Vedes estes montes? Credes, neles brillará a graza de Deus". Neste día é pecado facer calquera cousa sen unha razón importante. As mozas tamén pecan facendo adiviñacións, mentres que os mozos simplemente descansan. Desde tempos antigos, neste día prohibiuse calquera traballo intelectual, xa que existe a crenza de que un pode volverse tolo por facelo.

En Polonia, a festa de Andrzejki celébrase na noite do 29 ao 30 de novembro. Tradicionalmente, a festa só era celebrada por mozas solteiras, aínda que hoxe tanto homes como mulleres novas se unen á festa para ver o seu futuro. A cerimonia principal consiste en verter cera quente dunha candea a través do oco dunha chave en auga fría.

Festividades durante o día de santo André en Galicia e Portugal miniatura|Capela de Santo André e rochas no cabo de Santo André en Póvoa de Varzim, Portugal. Segundo a mitoloxía local, Santo André capturaba as almas dos afogados no mar e axudaba na pesca e nos matrimonios. Celebración relixiosa na honra a Santo André de Teixido que ten lugar na xornada do 30 de novembro coa oración da misa solemne cantada. Os actos teñen lugar no recoñecido Santuario de Santo André de Teixido situado na serra da Capelada, no término municipal de Cedeira.

Patrón de Cabanas. Durante a festividade, realízanse procesións, misas, concertos, bailes tradicionais e actividades para todas as idades, fomentando a convivencia e o arraigamento cultural.

En Póvoa de Varzim atópase o cabo de Santo André. Preto do cabo hai pequenas cavidades na rocha que a xente considera pegadas de santo André. A capela de Santo André, probablemente de orixe medieval, é mencionada en documentos de 1546 e anteriores. É o lugar de enterro dos pescadores afogados achados preto do cabo. Os pescadores tamén pedían a intercesión do santo para unha mellor pesca. As mozas solteiras que desexaban matrimonio lanzaban unha pequena pedra ao tellado da capela, coa esperanza de que quedase alí. Debido a un sincretismo pagán, tamén se asociou coa maxia branca ata hoxe. Era común ver grupos de pescadores con lámpadas nas mans, facendo unha peregrinación á capela do cabo pola praia na véspera de santo André. Crese que santo André pescaba das profundidades as almas dos afogados. Aqueles que non visitaban Santo André en vida, tiñan que facer a peregrinación como cadáveres.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Día de defuntos

Categoría:Festas cristiás Santos Categoría:Días festivos