Wendell Allen Wolka, nado en Indianapolis, Indiana, o 6 de abril de 1949, é un numismático estadounidense especializado nas emisións de papel moeda de Ohio e de Indiana.
Traxectoria
Wendell A. Wolka graduouse en Enxeñaría Mecánica en 1971 na Universidade Purdue, e posteriormente desenvolveu a súa carreira profesional na compañía Johnson Controls, á que estivo vinculado laboralmente entre 1971 e 1992. Tamén traballou para a empresa Ranco North American.Smith, P. (2012).
A súa sona vénlle dada pola súa actividade como numismático. Wolka é coleccionista de moedas locais de Indiana, e de Francia e os seus territorios, así como de medallas relacionadas con Lutero e a Reforma.
Wolka está considerado como unha autoridade no papel moeda histórico dos Estados Unidos. Foi membro e bibliotecario da Society of Paper Money Collectors durante máis de cinco décadas, e presidiu esta entidade durante catro anos. A súa principal contribución neste campo foi a edición de diversos catálogos de billetes históricos de Ohio e de Indiana, que se converteron en referencia para o papel moeda emitido por eses estados.Friedberg, A. L. (2019). "Wolka releases reference for Indiana obsolete notes". En Coin World. 1 de marzo. A partir de 2013, colaborou coa casa de poxaHeritage Auctions na catalogación dese tipo de papel moeda."ANA honors Wolka with lifetime achievement award". En Coin World. 13 de xuño de 2023.
As súas contribucións con artigos sobre numismática foron habituais en revistas especializadas do seu país, como Coin World, Numismatic News, Paper Money Magazine ou The Numismatist.
Ao longo da súa traxectoria estivo sempre moi vinculado á American Numismatic Association, en cuxo comité de dirección entrou en 2007 e en cuxos seminarios de verán participou durante máis de dez anos. Esta entidade honrouno con varios dos seus recoñecementos."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Association (ANA). Outra institución á que se mantivo ligado é o Numismatic Literary Guild.
Recoñecementos
1985: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2000: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award ". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). 2013: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA). 2023: Medalla á Traxectoria da ANA.
Publicacións (1978). Indiana Obsolete Notes and Scrip (con J. M. Vorhies e D. Schramm). Society of Paper Money Collectors. (2004). A History of Nineteenth Century Ohio Obsolete bank Notes and Scrip. Society of Paper Money Collectors. ISBN 9780975507704
Notas
Véxase tamén Bibliografía Smith, P. (2012). "Wolka, Wendell A.". En American Numismatic Biographies. Páxina 454.
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade Purdue Categoría:Personalidades sen imaxes