dereita|miniatura|Tumba de Asunción Diéguez en Berrande, Vilardevós. Asunción é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonés e co castelán. Provén do latín assumptio (ac. assumptionem), co significado de 'acción de tomar ou atribuír' na lingua clásica; no latín eclesiástico designa a 'elevación da Virxe ao ceo'. En galego tamén ten a variante Asunta e os hipocorísticos Xon, Xona, Xonxa, Chon, Chona e Choncha.

En xaneiro de 2023 existían 1.530 mulleres en Galicia co nome Asunción, cunha media de idade de 74,3 anos,Nome Asunción na Web do Instituto Galego de Estatística. e 6 co nome Asunta, cunha media de idade de 54,7 anos.Nome Asunta na Web do Instituto Galego de Estatística.

Asunción noutras linguas Catalán: Assumpta / Assumpció Castelán: Asunta / Asunción Éuscaro: Asuntzi / Jasone Francés: Assomption Italiano: Assunta Portugués: Assunta / Assunção

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xonxa Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe latina Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos aragoneses Categoría:Nomes femininos casteláns