Franziska Schmidt-Dick, nada en Villach, Carintia o 5 de xullo de 1944 e finada o 13 de maio de 2025, foi unha numismática austríaca especializada na moeda da Antiga Roma e nas emisións bizantinas.

Traxectoria Franziska Schmidt-Dick iniciou en 1966 os seus estudos superiores de Arqueoloxía Clásica, Numismática e Historia Antiga na Universidade de Viena, na que acadou o seu doutoramento en 1973."Franziska Schmidt-Dick (1944–2025)". En Münzen Woche. 22 de maio de 2025."Franziska Schmidt-Dick". Verlag Der Österreichischen Akademie Der Wissenschaften (Verlag.oeaw.ac.at).

A partir do ano seguinte comezou a traballar na Comisión Numismática da Academia Austríaca de Ciencias, á que se mantivo ligada ata a súa xubilación en 2004. Nesta institución ocupouse da catalogación das moedas antigas achadas en territorio austríaco dentro do proxecto FMRÖ,Véxase "(1976-1989)" en "Publicacións". e ademais encargouse da publicación de numerosas coleccións de moedas no marco do proxecto Thesaurus Nummorum Romanorum et Byzantinorum (TNRB).Véxase "(1971-1995)" en "Publicaciíons".

Á marxe destes dous proxectos, Schmidt-Dick foi moi recoñecida pola súa autoría dun traballo publicado en dous volumes en 2002 e 2011,Véxase "(2002-2011)" en "Publicacións". sobre a tipoloxía dos reversos nas moedas da época do Principado romano.

Recoñecementos

2011: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca."Eckhel-Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).

Publicacións Estes son algúns dos traballos monográficos máis representativos publicados por Franziska Schmidt-Dick ao longo da súa traxectoria:

(1971-1995). Thesaurus Nummorum Romanorum et Byzantinorum (TNRB). Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. (1975). Tomo 1: Die Münzsammlungen der Zisterzienserstifte Wilhering und Zwettl. ISBN 3-7001-0099-X. (1980). Tomo 3: Die Münzsammlung der Universität Wien. Institut für Numismatik (con B. Czurda). ISBN 3-7001-0329-8. (1983). Tomo 4: Die Münzsammlungen der Benediktinerstifte Kremsmünster und St. Paul im Lavanttal (con M. Alram, R. Denk e W. Szaivert). ISBN 3-7001-0558-4 (1991). Tomo 7: Die Münzsammlung des Bezirksmuseums Stockerau (con W. Hahn e W. Szaivert). ISBN 3-7001-1868-6. (1995). Tomo 9: Die römischen Münzen des Medagliere im Castelvecchio zu Verona. Le monete romane nel Medagliere del Castelvecchio a Verona. ISBN 3-7001-2181-4.

(1976-1989). Die Fundmünzen der römischen Zeit in Österreich (FMRÖ). (1976). Sección 2: Kärnten. 2: Der Schatzfund von Baldersdorf. BH Spittal a. d. Drau. Verlag des Geschichtsvereines für Kärnten, Klagenfurt. (1978). Sección 9: Wien. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-0269-0. (1984). Sección 1: Burgenland. 2. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-0649-1. (1989). Sección 2: Kärnten. 3. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-1538-5.

(2002-2011). Typenatlas der römischen Reichsprägung von Augustus bis Aemilianus. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. Tomo 1: Weibliche Darstellungen. ISBN 3-7001-3125-9 Tomo 2: Geographische und männliche Darstellungen. ISBN 978-3-7001-6955-0

Notas

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados no estado de Carintia Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Personalidades sen imaxes