miniatura|Joachim Trier, director de Affeksjonsverdi, filme gañador do premio na 98ª edición. Esta é unha lista dos filmes propostos na 98ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados. A categoría foi anteriormente chamada mellor filme en lingua non inglesa, mais foi cambiado en abril de 2019 a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada.
Para a 98ª edición dos Óscar, os filmes presentados deberon estrearse nos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025. A data límite para a entrega á Academia foi o 1 de outubro de 2025. Madagascar e Papúa-Nova Guinea presentaron un filme por vez primeira na súa historia, Haití volveu presentar un filme descualificado na lista do ano anterior, e Groenlandia presentou un filme de novo por vez primeira dende 2012. Despois de anunciar a lista de 15 filmes preseleccionados o 16 de decembro de 2025, os cinco nomeados anunciáronse o 22 de xaneiro de 2026.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Luna Park Albanés Florenc Papas In die Sonne schauen Alemán e baixo alemán Mascha Schilinski Hijra árabe, urdú, turco e inglés Shahad Ameen Mes fantômes arméniens Armenio e ruso Tamara Stepanyan Belén Castelán Dolores Fonzi The Wolves Always Come at Night Mongol Gabrielle Brady Pfau – Bin ich echt? Alemán Bernhard Wenger Tağıyev: Neft Azarí Zaur Gasimli Bāṛir nām śāhānā Bengalí Leesa Gazi Jeunes Mères Francés Jean-Pierre e Luc Dardenne La casa del sur Castelán Carina Oroza Daroca e Ramiro Fierro Blum – Gospodari svoje budućnosti Bosníaco, inglés e alemán Jasmila Žbanić O Agente Secreto Portugués e alemán Kleber Mendonça Filho Stadoto Búlgaro Milko Lazarov Mo gi gsang b'i zhabs khra Dzongkha Dechen Roder Anak snang akear Khmer e xaponés Inrasothythep Neth e Sokyou Chea Öldürdüğün Şeyler Turco Alireza Khatami Ještě nejsem, kým chci být Checo Klára Tasovská La misteriosa mirada del flamenco Castelán Diego Céspedes Nanjing Zhaoxiang Guan Mandarín Shen Ao Un poeta Castelán Simón Mesa Soto Eojjeolsugaeopda Coreano Park Chan-wook El monaguillo, el cura y el jardinero Castelán Juan Manuel Fernández Fiume o morte! Fiumano, croata e italiano Igor Bezinović Mr. Nobody Against Putin Ruso e inglés David Borenstein Pepe Castelán, afrikaans, mbukushu e alemán Nelson Carlo de Los Santos Arias Chuzalongo Castellán e kichwa Diego Ortuño Otec Eslovaco Tereza Nvotová Kaj ti je deklica Esloveno Urška Djukić Sirāt Castelán e francés Óliver Laxe Pikad paberid Estoniano Meel Paliale Happy Birthday Árabe Sarah Goher Magalhães Portugués, castelán, tagalo e francés Lav Diaz 100 litraa sahtia Finés Teemu Nikki Un simple accident Persa Jafar Panahi Arcadia Grego Yorgos Zois Walls - Akinni Inuk Groenlandés Sofie Rørdam e Nina Paninnguaq Skydsbjerg Kidnapping Inc. Francés e crioulo haitiano Bruno Mourral The Last Dance Cantonés Anselm Chan Árva Húngaro László Nemes Homebound Hindi Neeraj Ghaywan Sore: Istri dari Masa Depan Indonesio, croata e inglés Yandy Laurens Ellat-e Marg: Nâmaloum Persa Ali Zarnegar Mamlaket al-qasab Árabe Hasan Hadi Sanatorium Ucraíno Gar O’Rourke Ástin sem eftir er Islandés Hlynur Pálmason The Sea Árabe e hebreo Shai Carmeli-Pollak Familia Italiano Francesco Costabile Cadet Kazako e ruso Adilkhan Yerzhanov Kara Kyzyl Sary Kirguiz e ruso Aktan Arym Kubat Dieva suns Letón e alemán Lauris Ābele e Raitis Ābele A Sad and Beautiful World Árabe Cyril Aris Pietinia kronikas Lituano Ignas Miškinis Hors d'haleine Francés, luxemburgués, castelán e italiano Eric Lamhène The Tale of Silyan Macedonio Tamara Kotevska Disco Afrika: tantara malagasy Malgaxe Luck Razanajaona Yáolán fán shì Cantonés, malaio e inglés Chong Keat Aun Calle Málaga Castelán e árabe Maryam Touzani No nos moverán Castelán Pierre Saint-Martin Castellanos Silent City Driver Mongol Janchivdorj Sengedorj Obraz Montenegrino, albanés, croata, serbio e alemán Nikola Vukčević Anjila Nepalés Milan Chams Affeksjonsverdi Noruegués e inglés Joachim Trier Rietland Neerlandés Sven Bresser Palestine 36 Árabe e inglés Annemarie Jacir Querido trópico Castelán Ana Endara Papa Buka Tok pisin, hindi e inglés Bijukumar Damodaran Bajo las banderas, el sol Castelán, guaraní, alemán, francés, inglés e portugués Juanjo Pereira Kinra Quechua e castelán Marco Panatonic Franz Alemán e checo Agnieszka Holland Banzo Portugués Margarida Cardoso Jaful secolului Romanés, neerlandés e inglés Teodora Mihai Demba Fula Mamadou Dia Sunce nikad više Serbio David Jakovljević Stranger Eyes Mandarín, inglés e hokkien Yeo Siew Hua Eagles of the Republic Árabe Tarik Saleh Heldin Alemán e alemán suízo Petra Volpe The Heart Is a Muscle Afrikaans e inglés Imran Hamdulay Left-Handed Girl Mandarín e hokkien Shih-Ching Tsou Phi Chaidai Kha Tailandés, inglés e isan Ratchapoom Boonbunchachoke Black Rabbit, White Rabbit Taxico e ruso Shahram Mokri The Voice of Hind Rajab Árabe Kaouther Ben Hania Hemme'nin Öldüğü Günlerden Biri Turco Murat Fıratoğlu 2000 metriv do Andriivky Ucraíno e inglés Mstyslav Chernov Kimote Luganda Hassan Mageye Agárrame fuerte Castelán Ana Guevara e Leticia Jorge Alí Primera Castelán Daniel Yegres Mưa đỏ Vietnamita Đặng Thái Huyền Kokuho Xaponés Lee Sang-il Panopticon Xeorxiano George Sikharulidze All That's Left of You Árabe Cherien Dabis
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos Premios da Academia
98 Categoría:Cinema en 2025