Íñigo Sebastián Magaña, máis coñecido como Íñigo Piña ou simplemente Piña, nado en Murchante o 30 de outubro de 1994, é un futbolista español que xoga como defensa central no Huesca, da Segunda División.
Traxectoria
Formado nas canteiras do Murchante e do Tudelano, debutou co primeiro equipo deste último o 13 de outubro de 2013, nunha derrota por 1-0 ante o Toledo, nun partido correspondente á Segunda División B.
Nos seguintes cinco anos pasou polas filas de Osasuna Promesas, Mutilvera, Barco, Formentera e Arandina. En xullo de 2019 fichou polo Zamora CF, co que conseguiu o ascenso á Segunda División B na súa primeira tempada.
En 2023, despois de xogar en Unionistas de Salamanca e Real Murcia, asinou como novo xogador do Eldense, da Segunda División. Debutou na categoría de prata aos 28 anos, o 13 de agosto, saíndo como titular nunha vitoria por 0-1 sobre o FC Cartagena. Tralo descenso do equipo en 2025, fichou polo Huesca. Notas
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Navarra Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores da SD Formentera Categoría:Xogadores do Arandina CF Categoría:Xogadores do Zamora CF Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores do SD Huesca