Filotas (grego antigo Φιλώτας; latín Philotas) foi un médico grego nado en Anfisa (Lócrida) a mediados do século -I. Estudou na cidade exipcia de Alexandría e estaba nesa cidade cando Marco Antonio tamén estaba alí, onde foi testemuña das súas extravagancias.

Fíxose amigo de Marco Antonio Antilo, fillo de Marco Antonio, con quen ás veces ceaba. Plutarco conta unha anécdota sobre o rapaz: Antilo fixera amizade con Filotas de Anfisa e, un día, mentres ceaban xuntos, divertido por unha frase filosófica que dixo, compensouno dándolle a vaixela, que era de prataPlutarco, Vidas paralelas: Antonio, 28..

Probabelmente fose o mesmo médico do que Apuleio Celso e Asclepíades Farmación conservaron varias fórmulas, e tamén o cita Galeno.

Notas

categoría:nados no século -I categoría:médicos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Grecia Categoría:Personalidades de Anfisa na Antigüidade