O Grupo de Londres foi unha escola de investigación no campo da Psicoloxía criminal e a Criminoloxía que xurdiu no Reino Unido a mediados do século XX. Estivo estreitamente ligada ao psicólogo Hans Jürgen Eysenck, quen desenvolveu unha das teorías máis influentes sobre a relación entre personalidade e conduta criminal.
Historia Na década de 1970 en Reino Unido, a delincuencia xuvenil estaba aumentando, sobre todo en cidades coma Manchester, Liverpool, etc. É por iso polo que o Grupo de Londres, liderado por Eynseck no Institute of Psychiatry de Londres, foi requirido polo goberno para tratar de arranxar o problema da delincuencia xuvenil.Andrews, D. A., & Bonta, J. (2010). The psychology of criminal conduct (5th ed.). Routledge.
O seu obxectivo principal era aplicar os coñecementos da psicoloxía experimental e diferencial ao estudo da delincuencia. A metodoloxía empregada baseábase na análise empírica e estatística de variables psicolóxicas, co fin de explicar os factores de risco asociados á criminalidade.Raine, A. (2002). Biosocial studies of antisocial and violent behavior in children and adults: A review. Journal of Abnormal Child Psychology, 30(4), 311–326. https://doi.org/10.1023/A:1015754122318
Entre os investigadores vinculados ao grupo destacan Sybil Eysenck, G. D. Wilson e outros colaboradores, que contribuíron ao desenvolvemento dunha visión científica e cuantitativa da criminoloxía, afastándose de explicacións soamente intuitivas ou moralistas do delito.
A teoría de Eysenck sobre a delincuencia Eysenck propuxo que a propensión ao delito estaba directamente relacionada con trazos de personalidade, medidos a través do seu modelo PEN, que comprende tres dimensións básicas:Eysenck, H. J. (1996). Personality and the biosocial model of antisocial and criminal behaviour.
Psicoticismo (P): tendencia a ser agresivo, impulsivo e pouco empático. Extroversión (E): busca de estimulación, actividade social e condutas arriscadas. Neuroticismo (N): inestabilidade emocional, ansiedade e maior resposta ao estrés.
Segundo Eysenck, as persoas con niveis elevados de Psicoticismo, combinados con altos niveis de Extroversión e Neuroticismo, presentan unha maior probabilidade de involucrarse en condutas delituosas. Isto explícase pola dificultade destas persoas para aprender asociacións entre condutas antisociais e consecuencias negativas, debido a diferenzas na súa condición fisiolóxica e temperamental.Eysenck, H. J., & Gudjonsson, G. H. (1989). The Causes and Cures of Criminality. Springer.
O modelo predictivo de Gray A teoría de Eysenck foi corroborada unicamente no marco da delincuencia xuvenil de baixa ou media gravidade.
Para explicar a delincuencia de adultos ou delincuencia de alta intensidade ou gravidade, o modelo non era fiable. É neste intre onde aparece un discípulo de Eysenck, Gray, que foi quen se quedou coa cátedra do seu antecesor e continuou coa investigación do Grupo de Londres.Hollin, C. R. (2001). Handbook of offender assessment and treatment. Wiley.
Retomando esta investigación, Gray propón que debemos distinguir na poboación dous grandes grupos de persoas:
Aqueles individuos especialmente motivados para a busca de recompensas, praceres, satisfaccións, premios, etc. A esta xente a definiríamos como persoas cun potente motor de busca de metas, recompensas ou obxectivos. A este sistema de aproximación (busca de recompensas), Gray o denominou Behaviour Aproximation System (Sistema de Aproximación da Conduta), coñecido como BAS.Gray, J. A. (1982). The neuropsychology of anxiety: An enquiry into the functions of the septo-hippocampal system. Oxford University Press. Aqueles suxeitos especialmente activados para evitar o fracaso, dor, continxencias aversivas... A este sistema, Gray o denominou Behaviour Inhibition System (Sistema de Inhibición da Conduta), coñecido como BIS.
O que nos quere dicir Gray é que na regulación da nosa conduta respecto á consecución de obxectivos, existen varias posibilidades que teñen que ver coa relación que presentan estes dous sistemas. Polo tanto, aqueles suxeitos con moito BAS e pouco BIS, teñen maior tendencia á delincuencia.Avila, C. (2001). Distinguishing BIS-mediated and BAS-mediated disinhibition mechanisms: a comparison of disinhibition models of Gray (1981, 1987) and of Patterson and Newman (1993). Journal of personality and social psychology, 80(2), 311.
Experimentos con animais e neurofisioloxía Dentro das investigacións do Grupo de Londres realizáronse experimentos con ratas para comprobar a teoría da condicionabilidade. A hipótese era que os individuos con baixa activación cortical tiñan máis dificultade para aprender asociacións entre estímulos aversivos e condutas, o que se relacionaría coa aparición de comportamentos antisociais.
As ratas foron sometidas a tarefas de condicionamento clásico e instrumental, observándose que aquelas con niveis máis baixos de activación cortical tardaban máis en asociar estímulos negativos ás súas condutas. Estes resultados serviron como base empírica para suxerir que, en humanos, as persoas cunha activación fisiolóxica reducida serían menos sensibles ao castigo e, polo tanto, máis proclives a delinquir.
Posteriormente, estudos neuropsicolóxicos apoiaron esta liña, sinalando a relevancia da activación cortico-frontal. Segundo estas investigacións, os delincuentes mostran unha menor actividade no córtex prefrontal, rexión asociada co control dos impulsos, a planificación e a aprendizaxe da resposta ao castigo.Raine, A. (1993). The psychopathology of crime: Criminal behavior as a clinical disorder. Academic Press. Esta evidencia encaixa coa hipótese de Eysenck e co modelo BIS/BAS, ao indicar que as bases biolóxicas da personalidade inflúen directamente na propensión ao delito.
Aportacións e críticas A teoría de Eysenck tivo unha grande influencia na criminoloxía e no desenvolvemento da psicoloxía criminal, ao introducir métodos de avaliación estandarizados e escalas de personalidade aplicadas ao ámbito forense.
Porén, tamén recibiu críticas, especialmente por considerar a delincuencia fundamentalmente como resultado de trazos individuais, deixando en segundo plano factores sociais, culturais e económicos que tamén inflúen no comportamento criminal. Ademais, aínda que os experimentos con animais e os estudos de neuroactividade achegaron evidencias, outros autores cuestionaron a súa validez externa e a súa capacidade de explicar a complexidade do delito humano.
Notas
Categoría: Criminoloxía Categoría:Psicoloxía criminal