miniatura|Ovo de Puffinus boydi(colección do MHNT).

O furabuchos caboverdiano (Puffinus boydi) é un pequeno procelárido que se reproduce no arquipélago de Cabo Verde do océano Atlántico a uns 570 km da costa de África occidental. O epíteto do seu nome científico fai referencia ao ornitólogo británico Arnold Boyd.

Segregación sexual As femias emprenden viaxes para buscar alimento máis longas e voan máis ao norte. Isto parece que se debe ás distintas preferencias polas concentracións de clorofila e temperatura da superficie do mar. O solapamento global dos sexos é baixo. Con todo, as súas dietas son idénticas, consistentes en peixes, larvas de peixes e luras. Tanto os machos coma as femias alimentan as crías, pero os machos son os que contribúen máis. Isto pode ser porque as femias pasan máis tempo incubando ovos e, polo tanto, están máis privadas de nutrición.

Taxonomía O furabuchos caboverdiano é ás veces considerado unha subespecie do furabuchos maorí ou da pardela de Audubon ou do furabuchos macaronesio. Tamén se considerou sinónimo do extinto Puffinus parvus das Bermudas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Proceláridos Categoría:Animais descritos en 1912