Isidro Valentín Gómez Gerbolés, nado nas Nogais cara a 1909, foi un electricista e político galego.
Traxectoria Electricista e dono dunha fábrica de gasosas nas Nogais. En 1937 cumpría o servizo militar como artilleiro da Fábrica de Armas da Coruña, onde foi detido. Ingresou na prisión de Lugo o 25 de maio de 1937. O 21 de xullo pasou ao Cuartel de San Fernando. Fuxiu do calabozo xunto con Francisco Garea Rodríguez (Causa 85/38 por evasión). Procesado na causa 190/37 xunto con Luis García Vázquez, Jesús Salvador García Vázquez, Emilio Núñez Cabana, Ricardo García Santín, Nicomedes Lamas Díaz, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Abel Valcárcel Puente, José González Rivero, José María Fátima Ben-Alí, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938; Isidro foi declarado en rebeldía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente procesual de Isidro Gómez Gerbolés
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados nas Nogais Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en ano descoñecido