A avefría de rabo branco (Vanellus leucurus) é unha ave limícola do xénero Vanellus. O nome do xénero Vanellus é o nome dado en latín medieval á avefría e deriva de vannus, 'abano para airear o gran'. O adxectivo específico leucurus vén do grego antigo leukouros, 'rabo branco, cola branca'.
Descrición Esta avefría de tamaño medio ten patas longas e bico bastante longo. Viven en zonas de augas pouco profundas e pradeiras pantanosas, onde captura invertebrados, principalmente insectos e outras pequenas presas principalmente na superficie e na lama.Peter Colston, Philip Burton: Limicolen. Alle europäischen Watvogel-Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung. BlV Verlagsgesellschaft, München 1989, ISBN 3-405-13647-4.
Os adultos son aves ergueitas e delgadas de dorso e parte anterior do pescozo marróns, face máis clara e peito cincento. As súas patas longas amarelas, a súa cola ou rabo totalmente branca e as súas distintivas ás marróns, brancas e negras fan que esta especie sexa inconfundible. As aves novas teñen un dorso con manchas e poden ter algo de marrón na cola.
Reprodución Reprodúcese de forma semicolonial en marismas do interior en Iraq, Kuwait, Irán e sur de Rusia. Poñen catro ovos nun niño no chan. Os exemplares que se reproducen en Iraq e Irán son principalmente residentes, pero os de Rusia migran ao sur en inverno ao subcontinente indio, ao Oriente Próximo e ao nordés de África. É unha ave vagante rara en Europa occidental, pero chega a Reino Unido e a Iberia, polo que está incluída na lista das aves ibéricas.
A chamada que usan na estación reprodutora é un piiuit, similar ao da avefría choromica.
Conservación Nalgunhas partes da súa área de distribución a especie enfróntase a ameazas relacionadas coa destrución do hábitat e caza ilegal accidental.
É unha das especies ás cales se aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiáticas (AEWA).
miniatura|Preto de Hodal no distrito de Faridabad, estado de Haryana, India.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Carádridos Categoría:Aves de Asia Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1823