O Ilves FS Miehet ou Ilves Futsal Miehet é un equipo masculino de fútbol sala da cidade de Tampere, Finlandia. Dende a súa fundación en 1997 gañou a Futsal-Liiga (máxima categoría do fútbol sala masculino finlandés) en oito ocasións. Xoga os seus partidos como local no Kauppi Sports Center, un pavillón multipropósito no parque deportivo de Kauppi.

Ilves FS Naiset forma parte do club polideportivo Ilves, fundado en 1931 por Niilo Tammisalo.

Palmarés Futsal-Liiga (8): 2004, 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 Medalla de prata (4): 2002, 2006, 2009, 2016 Medalla de bronce (3): 2001, 2015, 2018 Futsal Cup (3): 2006, 2010, 2011 Super Cup (5): 2004, 2006, 2007, 2010, 2011

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ilves FS Naiset

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Tampereen Ilves Categoría:Equipos de fútbol sala de Finlandia