Every Child é unha curtametraxe animada canadense de 1979 dirixida por Eugene Fedorenko. Foi creada pola National Film Board of Canada en asociación con UNICEF.
É un filme sen diálogo, que conta con sons de Les Mîmes Électriques (The Electric Mimes). Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 52ª edición dos premios.
Sinopse Esta curtametraxe de animación conta a historia dunha nena rexeitada de todos os fogares e logo atopada por dous vagabundos que lle dan amor e tenrura.
Personaxes Bernard Carez Sophie Cowling como a nena Raymond Pollender
Notas
Categoría:Filmes de 1979 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada