Medio dólar do Tricentenario de Delaware"1936 Delaware Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Delaware Tercentenary". Numista.com150px150pxA/: Antiga igrexa dos suecos, dedicada en 1699. Nube e raios sobre o edificio. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / 1936 / HALF DOLLARR/: O barco Kalmar Nyckel, no que chegaron os colonos suecos. Marca de gravador: CLS Lendas: DELAWARE TERCENTENARY / E PLURIBUS UNUM / LIBERTY / 1638 1938 Data: 1936 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Carl L. Schmitz. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe: 25.015 exemplares (deles refundíronse 4.022). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Tricentenario de Delaware é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con data de 1936. A moeda foi emitida en conmemoración do 300 aniversario do primeiro asentamento europeo en Delaware, levado a cabo por colonos suecos en 1638."1936 Delaware Tercentenary Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org).
O seu anverso reproduce a vella igrexa sueca, o templo protestante máis antigo dos Estados Unidos, que aínda se utiliza como lugar de culto, en tanto que no reverso se representa o barco sueco Kalmar Nyckel, que levou os primeiros colonos a Delaware. Malia amosaren a data de 1936 no anverso e a dobre data da efeméride 1638-1938 no reverso, en realidade as moedas foron cuñadas en 1937.
A lei pola que se autorizou a súa emisión foi aprobada polo Congreso a principios de 1936. Inmediatamente, o Comité do Tricentenario Sueco de Delaware, como entidade promotora, convocou un concurso para o deseño da moeda, do que resultou gañador o escultor e medallista de orixe franco-alemá Carl L. Schmitz.
O Comité do Tricentenario comercializou o medio dólar de Delaware ao prezo de 1,75 dólares cada exemplar. Da tiraxe de 25.000 pezas chegaron a venderse 20.978, e os beneficios acadados utilizáronse para axudar a financiar as celebracións do tricentenario.
Antecedentes miniatura|320x320px|Antiga postal co lugar de chegada dos primeiros colonos suecos en 1638.
O feito conmemorado O primeiro intento de asentamento europeo no que hoxe é Delaware produciuse en 1631 preto de Lewes,Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 135-136. aínda que aquela incipiente colonia foi destruída polos nativos americanos das tribos Lenape e Nanticoke.Morgan, M. (2005). Pirates & Patriots, Tales of the Delaware Coast. Algora Publishing. Páxinas 7-9. ISBN 978-0-87586-338-2 Os suecos intentárono en 1638 con dous barcos, o Kalmar Nyckel e o Fogel Grip, unha expedición comandada por Peter Minuit, famoso pola súa compra da illa de Manhattan pero posteriormente os neerlandeses destruíron o asentamento. Finalmente establecéronse onde hoxe se atopa Wilmington. A colonia de Nova Suecia, establecida para se beneficiar do comercio de peles, localizábase en terras reclamadas polos neerlandeses en Nova Jersey e os ingleses en Maryland; o conflito dos anos seguintes foi principalmente con estes últimos, cunha guerra intermitente que terminou coa chegada dunha gran frota holandesa en 1655. No entanto, en 1664, os ingleses conquistaron os Novos Países Baixos, as posesións neerlandesas nos estados do Atlántico Medio, e en 1682, Delaware foi concedida a William Penn, o novo propietario de Pensilvania. Delaware pasou a ser unha das Trece Colonias orixinais e, en 1787, foi o primeiro estado en ratificar a Constitución.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 79.
A idea da emisión O mercado de moedas conmemorativas dos Estados Unidos disparouse en 1936, impulsado por novas emisións de escasa tiraxe cuxa demanda era superior á oferta. Ata 1954, o Goberno vendía a totalidade das emisións de moedas conmemorativas ao seu valor nominal a entidades sen ánimo de lucro autorizadas polo Congreso, que logo intentaban venderllas á poboación cunha prima para obteren un beneficio co que sufragar causas de interese social. A aparente facilidade para obter beneficios coa adquisición e a tenza de moedas conmemorativas atraeu daquela a moitas persoas á afección polo coleccionismo numismático, desexosas por completaren as súas coleccións coas novas emisións.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 62-63.
Aínda que nalgunhas outras emisións naquela época se apreciaron intereses especulativos e prácticas comerciais pouco éticas entre so promotores e os comercializadores das emisións, no caso do medio dólar de Delaware non se deron mostras de especulación nin de intereses ilexítimos nos seus promotores nin nos seus distribuidores. Considerouse, máis ben, que o tricentenario do primeiro asentamento en Delaware, o primeiro estado, tiña todo o merecemento para ser conmemorado, e a emisión dunha moeda sería un bo método non só para plasmar a efeméride senón tamén para axudar no financiamento das actividades conmemorativas."1936 Delaware 50C MS". Numismatic Guaranty Company (ngccoin.com). A entidade designada polo congreso para adquirir e distribuír as moedas foi o denominado Comité do Tricentenario Sueco de Delaware.Flynn, K. (2008). Páxina 355.
Proceso lexislativo miniatura|323x323px|O senador demócrata por Pensilvania promoveu no Senado a creación da moeda.Midweek Pictorial. 26 de xuño de 1924. Vol. 19. Nº 18. Páxina 15.O 4 de marzo de 1936, Joseph F. Guffey, senador por Pensilvania, presentou no Senado dos Estados Unidos un proxecto de lei na procura da autorización da emisión de 20.000 exemplares do medio dólar conmemorativo do 300 aniversario do asentamento sueco en Delaware. O proxecto de lei foi remitido á Comisión de Banca e Moeda desa cámara,"Bills and jpoint resolutions introduced". En Congressional Record - Senate. 4 de marzo de 1936. Páxina 3.204. como parte dun grupo de proxectos de lei para diversas moedas conmemorativas, que foron tomados en consideraron o 11 de marzo de 1936 por unha subcomisión dirixida por Alva B. Adams, de Colorado.Ademais da moeda de Delaware, estaban: ½ dólar do Centenario de Wisconsin; ½ dólar do Centenario de Bridgeport; ½ dólar do Tricentenario de Rhode Island; ½ dólar do 250 Aniversario de New Rochelle; as versións da Cámara de Representantes e do Senado do ½ dólar do Tricentenario de Long Island e unha proposta frustrada dun ½ dólar na honra de William_Henry_Harrison. Tamén houbo unha proposta de un novos deseños do ½ dólar do Centenario de Arcansas e do ½ dólar do Centenario de Texas, e outras para a emisión de medallas conmemorativas. Véxase USSCBC (1936). 11 de marzo. Páxinas 1-2. O senador Adams era coñecedor dos abusos cometidos coas moedas conmemorativas a mediados da década de 1930, cando os emisores aumentaban o número de exemplares necesarios para que os coleccionistes completasen as súas series, emitindo as moedas con diferentes datas e con distintas marcas de ceca; a lexislación que autorizaba as emisións non impedía estas prácticas.USSCBC (1936). 11 de marzo. Páxinas 11-12. Lyman W. Hoffecker, un comerciante de moedas de Texas e membro da American Numismatic Association, testemuñou ante a subcomisión e puxo como exemplo o medio dólar conmemorativo do Oregon Trail, cuñado por primeira vez en 1926 e logo durante varios anos e con tres marcas de ceca diferentes. Denunciou tamén prácticas especulativas como a adquisición da totalidade da tiraxe, no caso dalgunhas emisións, por parte de comerciantes grosistas, e algunhas variantes de moedas de escasa tiraxe se vendían a prezos elevados. Todas estas prácticas enfureceron os coleccionistas de moedas, que intentaban manter ao día as súas coleccións.USSCBC (1936). 11 de marzo. Páxinas 18-23.
Non se tomaron máis medidas sobre o proxecto de lei, mais o 16 de marzo, Guffey e Daniel O. Hastings, de Delaware, presentaron un novo. Entre os cambios introducidos con respecto ao anterior estaba o de exixir que o presidente do Comité do Tricentenario de Delaware asinase os pedidos das pezas á casa de moeda, para liberar de tal responsabilidade o presidente da comisión do Senado."Reports of committees". En Congressional Record - Senate. 26 de marzo de 1936. Páxina 4.367. A maiores, cando Adams informou o Senado acerca do proxecto de lei o 26 de marzo, xuntou unha nova emenda que o modificaba por completo, e explicou nun informe adxunto:USSCBC (1936). 26 de marzo.O proxecto de lei presentouse ante o pleno do Senado o 27 de marzo de 1936. Foi o primeiro dos seis proxectos sobre emisión de moedas conmemorativas que se tomaron en consideración sucesivamente. Do mesmo xeito que os demais, foi obxecto de emendas e foi aprobado sen disensións nin discusións."Commemoration of the landing of the Swedes in Delaware". En Congressional Record - Senate. 27 de marzo de 1936. Páxinas 4.489-4490.
Á súa chegada á Cámara de Representantes, o proxecto foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas desa cámara. O 16 de abril, esta comisión presentou un informe cunha emenda pola que se aumentaba a cuñaxe mínima inicialmente solicitada a 25.000 exemplares.USHRCCWM (1936). Páxina 1. Logo do seu paso pola comisión, o 30 de abril, J. George Stewart, de Delaware presentou o proxecto de lei ante o pleno da Cámara e foi aprobado sen debate nin oposición."Coinage of 50-cent pieces, Swwedes in Delaware". En Congressional Record - House. 30 de abril de 1936. Páxina 6.495.
Como ambas as cámaras non aprobaran versións idénticas do proxecto, por mor das emendas introducidas, o proxecto volveu ao Senado. O 4 de maio, Adams propuxo que o Senado aceptase a emenda da Cámara de Representantes, e así sucedeu."Three hundredth anniversary of the landing of Swedes in Delaware". En Congressional Record - Senate. 4 de maio de 1936. Páxina 6.611. Finalmente, o proxecto converteuse en lei logo da sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt, o 15 de maio de 1936."Delaware Tercentenary Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmit.gov).
A lei asinouse malia a oposición do Departamento do Tesouro, que preparou un borrador de mensaxe de veto.Flynn, K. (2008). Páxina 272. Este departamento temía que as numerosas emisións de moedas conmemorativas que se estaban a producir causasen confusión entre a poboación e lles desen azos aos falsificadores.Commemorative coins and Mint bills. United States Government Printing Office, Washington. 10 de febreiro de 1947. Páxinas 36-38. A lei esixiu que todas as pezas estivesen datadas en 1936 e que fosen cuñadas unicamente na Ceca de Filadelfia e no prazo dun ano desde a promulgación da lei, é dicir, non máis tarde do 15 de maio de 1937.
Preparación miniatura|292x292px|A directora adxunta da US Mint, Mary M. O'Reilly. O 18 de maio de 1936, o secretario xeneral do Comité do Tricentenario, George Ryden, escribiulle á directora en funcións da US Mint, Mary M. O'Reilly, para lle solicitar información sobre o procedemento que cumpría seguir, e informouna de que o comité tiña o propósito de elixir o deseño da moeda mediante a celebración dun concurso aberto. Este non era o xeito habitual de proceder, xa que o máis normal era a contratación directa dun artista local ou solicitar a recomendación dun artista á casa da moeda. Convocouse o concurso, cun xurado que estivo composto por tres membros do comité —C. L. Ward, George Ryden e George A. Elliot—, xunto co gravador xefe da US Mint, John R. Sinnock, e o célebre escultor Robert Tait McKenzie. Presentáronse 38 propostas, que competían non só pola honra de ser o deseño final da moeda, senón tamén por un premio en metálico de 500 dólares. Carl L. Schmitz, un escultor estadounidense de ascendencia alemá e francesa, foi elixido gañador.