Willie Lee Jenkins foi linchado en Eufaula, condado de Barbour, Alabama, o 10 de xaneiro de 1922.Subcommittee of the Committee on the Judiciary United States Senate (1926), p. 17 Segundo o Comité de Senado dos Estados Unidos na Maxistratura foi o 3.º de 61 linchamentos durante o ano 1922 nos Estados Unidos.

Antecedentes Segundo a historia oral familiar e narracións da comunidade negra local, Willie Jenkins tivo unha disputa coa muller do seu xefe, o cal custoulle a súa vida. Os xornais da época informaron que Jenkins "insultou a unha muller branca."

Linchamento Tentou fuxir en tren, mais unha turba racista secuestrouno, levouno ao bosque e matouno alí. O seu cadáver foi atopado no fondo dun pozo no condado de Barbour, a 6.4 km de Eufaula na estrada de Batesville.

Monumento conmemorativo nacional dereita|miniatura|O Monumento Conmemorativo Nacional para Paz e a Xustiza O 26 de abril de 2018, en Montgomery, Alabama, ergueuse o Monumento Conmemorativo Nacional para Paz e a Xustiza. Neste preséntase, entre outras cousas, o Corredor Conmemorativo, o cal mostra 805 rectángulos de aceiro colgando, cada un deles representa un condado nos Estados Unidos onde se cometeu un linchamento documentado e cada un deses rectángulos ten escritos os nomes daqueles linchados. O monumento ten o obxectivo de que condados como o de condado de Barbour, Alabama onde Willie Lee Jenkins foi linchado, tomen estas lousas e as instalen nos seus territorios.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Racismo nos Estados Unidos de América Categoría:Asasinatos nos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1922 Categoría:1922 Categoría:Alabama