A OU-155 (na provincia de Ourense), é unha antiga estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que inicia na localidade das Lagoas e remata no parque empresarial de San Cristovo de Cea, nos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea. Ten unha lonxitude de 1,2 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525, nas Lagoas do concello de Piñor e finaliza nun cruzamento coa N-525, no parque empresarial de San Cristovo de Cea. Foi cedido aos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea, sobre principios da década de 2020. Esta estrada foi substituída co novo traxecto da actual estrada nacional N-525.
Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Piñor Categoría:San Cristovo de Cea