Eternals é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Chloé Zhao, quen escribiu o guión xunto con Patrick Burleigh, Ryan Firpo e Kaz Firpo. Baséase nos personaes de Marvel Comics, foi producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures, converténdose no vixésimo sexto filme do Universo Cinematográfico de Marvel (MCU). Está protagonizado por Gemma Chan, Richard Madden, Kumail Nanjiani, Lia McHugh, Brian Tyree Henry, Lauren Ridloff, Barry Keoghan, Don Lee, Kit Harington, Salma Hayek e Angelina Jolie. No filme, os Eternals son seres inmortais que emerxen do seu agocho despois de miles de anos para protexer a Terra dos seus antigos homólogos, os Deviants.
Eternals estreouse no Dolby Theatre dos Ánxeles o 18 de outubro de 2021, e nos cinemas dos Estados Unidos o 5 de novembro como parte da fase catro de MCU. Recadou 402,1 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu varios premios e nomeamentos, mais tamén se converteu no primeiro filme do MCU en non recibir críticas xeralmente positivas. Recibiron críticas especiais para o guión e o ritmo, e os comentaristas consideraron que non estaba á altura do traballo anterior de Zhao nin dos filmes anteriores do MCU. Os temas e os efectos visuais recibiron algúns eloxios.
Personaxes Gemma Chan como Sersi Richard Madden como Ikaris Kumail Nanjiani como Kingo Lia McHugh como Sprite Brian Tyree Henry como Phastos Lauren Ridloff como Makkari Barry Keoghan como Druig Don Lee como Gilgamesh Kit Harington como Dane Whitman Salma Hayek como Ajak Angelina Jolie como Thena
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chloé Zhao Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes rodados nas Illas Canarias Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes ambientados no Imperio Azteca Categoría:Filmes ambientados no século IV Categoría:Filmes ambientados en Bombai Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Iraq Categoría:Filmes ambientados en Australia Categoría:Filmes ambientados na Antigüidade Categoría:Filmes ambientados en Alasca Categoría:Filmes ambientados en 2024 Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes sobre xordos Categoría:Filmes sobre Bollywood Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2021 en 3D