miniatura| Mural de Moira da "Alma da Música" (Soul of the Music) para a sala de concertos do Wigmore Hall, Londres. Gerald Edward Moira, nado o 26 de xaneiro de 1867 en Londres e finado o 2 de agosto de 1959, foi un pintor inglés coñecido sobre todo polos seus murais.
Traxectoria Gerald Moira era fillo dun exdiplomático portugués que se converteu en pintor de miniaturas. Expuxo por primeira vez na Royal Academy en 1891. O seu primeiro encargo dun mural foi de J. Lyons and Co. para o restaurante Trocadero en Shaftesbury Avenue, Londres. Outros dos seus primeiros encargos foron os teitos da sancristía e a biblioteca da Capela Unitaria de Liverpool, a sala de xuntas do Lloyd's Register of Shipping e pinturas e vidreiras para o Tribunal Penal Central de Londres. Tamén pintou ao óleo, á témpera e á acuarela. Moira foi director do College of Art de Edimburgo de 1923 até 1932, presidente do Royal Institute of Oil Painters, vicepresidente da Royal Watercolour Society, membro da Royal West of England Academy e membro fundador da National Portrait Society.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Harold Watkins, A arte de Gerald Moira, Londres, 1922.
Categoría:Finados en 1959 Categoría:Nados en 1867 Categoría:Pintores de Inglaterra