Albertine Lapensée, nada o 10 de agosto de 1898 en Cornwall (Canadá) e finada na mesma cidade o 7 de xaneiro de 1963, foi unha xogadora canadense de hóckey sobre xeo, considerada a primeira "superestrela" feminina do hóckey canadense. Ao longo da súa carreira deportiva vestiu as camisolas das Cornwall Victorias, Cornwall Nationals, Cornwall All-Stars, e Hull Vestas en 1916, e Cornwall Ladies Hockey Club en 1917, cando o hóckey sobre xeo feminino gozou de certa relevancia, ao estar a maioría de homes sans combatendo na primeira guerra mundial.

Lapensée tiña unha altísima capacidade goleadora, anotando frecuentemente media ducia de goles nun partido, e cun rexistro máximo de 15 goles nun único partido. Dicíase que Lapensée marcara máis de 150 goles e guiara aos seus equipos a estar invictos entre 1916 e 1917, cando os rexistros indican que gañaron 45 dos seus 46 partidos.

As investigacións demostraron que Albertine recibía e demandaba unha parte dos beneficios dos partidos. Lapensée desapareceu da escena deportiva en 1917, sendo aínda adolescente. Houbo numerosos rumores: que morrera na pandemia de gripe de 1918, que viaxara a Nova York para someterse a un cambio de sexo, ou que sempre fora un home que evadía o servizo militar, aínda que ninguén achegaba probas convincentes. Un perfil de seu pai en 1940 refutou todas estas afirmacións, sinalando que vivía como muller en Nova York.

Traxectoria Orixes familiares Albertine Lapensée tiña ascendencia francesa por parte de pai. Un antepasado seu procedía da localidade de Saint-Antonin, ao norte de Tolosa, e que se trasladou a Montreal en 1747. Os seus avós, Antoine Lapensée e Adélaide Auchu eran de Châteauguay, na provincia de Quebec, e posteriormente mudáronse a Cornwall (Ontario).

Primeiros anos e carreira no hóckey miniatura|esquerda|250px|Albertine Lapensée. Albertine Lapensée naceu o 10 de agosto de 1898 en Cornwall, na provincia de Ontario, sendo a menor dos once fillos de Phillippe e Matilde. Medrou xogando ao hóckey sobre xeo ao aire libre cos seus irmáns e outros nenos nos estanques e ríos conxelados. Co estalido da primeira guerra mundial, a marcha de homes a loitar á fronte deu como resultado o declive das ligas de hóckey afeccionadas. Isto significaba que os estadios de hóckey perdían ingresos, e para contrarrestar isto, os propietarios do Jubilee Arena en Montreal organizaron unha liga feminina de hóckey composta por catro equipos en 1915, a Eastern Ladies' Hockey League. Lapensée uniuse ás Cornwall Victorias para o seu segundo partido logo de unírense á ELHL en 1916, competindo con clubs de Montreal, Ottawa, e Pittsburgh. No seu debut, o día 27 de xaneiro de 1916, anotou dous goles na vitoria do seu equipo sobre Ottawa por 3-1, Unha semana despois anotou seis goles na vitoria do seu equipo por 8–0. Noutro partido marcou 15 (16) goles, para axudar a Cornwall a conseguir unha vitoria por 21–0 fronte a un equipo de Hochelaga. As súas fazañas axudaron a promover o hóckey sobre xeo feminino e o deporte feminino en xeral; o Jubilee Arena vendía as súas 3 000 localidades para os partidos, mentres que se lles pedía ás Cornwall Victorias que asinaran contratos con outros equipos para xogar nos seus estadios, sempre e cando Lapensée seguira xogando. Na prensa a alcumaban Miracle Maid (en galego "Doncela Milagreira") polos medios en lingua inglesa, e l'etoile des etoiles (en galego "a estrela das estrelas") polos medios francófonos.

Tal era o seu dominio do deporte que había rumores persistentes de que era en realidade un home. Estes xurdiron inmediatamente despois do seu primeiro partido, cando as xogadoras do equipo rival de Ottawa a acusaron de ser un home. A acusación non era infundada na liga, na que era habitual que os rapaces se disfrazaran de mulleres para "encontrar as mellores xogadoras". Algúns equipos rivais chegaron mesmo a quitarlle o pucho a Lapensée durante os partidos para comprobar a lonxitude do seu cabelo. O seu pai declarou publicamente que as acusacións eran falsas, e en febreiro de 1916, o Montreal Star as investigou. O reporteiro falou de "ducias e ducias de persoas de Cornwall que a coñecían dende pequena", e concluíu que "polo que soubo, está completamente convencido de que 'el' é 'ela'." A pesar disto os rumores persistiron, e algunhas das fontes modernas aínda especulan con que puido ter sido un home. En 2011, un artigo no Cornwall Standard Freeholder afirmou que "nunca saberemos se Albertine era en realidade Albert", suxerindo a posibilidade de que Lapensée era en realidade un insubmiso chamado Albert. miniatura|250px|As Conrwall Victorias en torno a 1917 ou 1918. Albertine Lapensée aparece bi centre da primeira fila. Os rexistros xornalísticos suxiren que entre 1916 e 1917, as Cornwall Victorias mantivéronse invictas durante 46 partidos; gañando 45 e empatando un. Durante ese período, superaron ás súas opoñentes por 228–29, dos cales Lapensée anotou 150, promediando máis de tres goles por partido. De feito, os equipos de Cornwall nos que xogou Albertine tiveron un rexistro de 27-0-1. A habilidade e forza de Lapensée provocaron algúns sucesos estraños nos partidos nos que participou. Nun xogou representando os Montreal Westerners unha rapaza de 17 anos chamada Ada Lalonde e considerada "un prodixio do hóckey" e un talento que podía rivalizar con Lapensée. Lalonde resultou ser un rapaz que o propietario de Montreal convencera para participara e así eclipsar a Lapensée. Noutro partido, a porteira das Westerners, chamada Hardman, temía tanto o potente disparo de Lapensée que se puxo unha máscara de catcher de béisbol. Lapensée deuse conta da cantidade de cartos que a liga xeraba para os estadios, e da importancia que tiña ela no éxito do seu equipo, e esixiu unha parte das ganancias. Estas afirmacións, filtradas á prensa, levaron ao Montreal Star a cualificala como unha prima donna. Os propietarios do equipo negáronse, e Lapensée retirouse da liga en 1918.

Vida posterior A ELHL sumiuse no esquecemento e disolveuse logo da guerra. Lapensée xa desaparecera do foco de atención. Circularon gran cantidade de rumores; había algúns que sinalaban que morrera durante a pandemia de gripe de 1918. Aínda que o mito de que se sometera a unha cirurxía de cambio de sexo incluíuse nunha historia oficial de Cornwall de 1983, o artigo da Biblioteca e Arquivos do Canadá sobre o hóckey feminino o desminte. A historia conta que logo da operación regresou á área de Cornwall como home, "Albert Smythe", rexentou un taller e casou. Con todo, o obituario da súa nai en 1929 a menciona como filla viva, do mesmo xeito que un perfil do seu pai, que en 1940 detalla que casara cun home de Nova York chamado Albert Schmidt. Outro feito que refuta a teoría foi que as operacións de reasignación de sexo non se realizaron ata despois da segunda guerra mundial. Investigacións posteriores indicaron que Albertine era en realidade unha persoa con características de ambos sexos e que elixira migrar aos Estados Unidos e vivir como Albert despois de que comezaran a manifestarse os trazos masculinos dominantes logo da puberdade.

Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo do Canadá Categoría:Nados en Ontario