A área metropolitana de Iacarta, tamén chamada Grande Iacarta (e localmente Jabodetabekpunjur polas letras iniciais das maiores cidades e provincias que o compoñen: Iacarta, Bogor, Depok, Tangerang, Bekasi e estendido aínda máis para incluír a rexión de Puncak da rexencia de Bogor e partes da rexencia de Cianjur) é a meirande megalópole de Indonesia.
Demografía A illa de Xava, onde se asenta a gran metrópole, é unha das rexións do mundo máis densamente poboadas. Segundo o censo de 2020, a área metropolitana de Iacarta tiña unha poboación de 31 240 000 habitantes e era a rexión máis poboada de Indonesia. Tamén era a área urbana meirande do mundo só por detrás de Tokyo.
O peso de poboación da área metropolitana de Iacarta con respecto ao total nacional aumentou do 6,1% en 1961 ao 11,26% en 2010.Rustiadi et al., Pembangunan Kawasan Transmigrasi Dalam Perspektif Pengembangan Wilayah & Perdesaan, 2012 A poboación creceu aínda máis ata os 31,9 millóns segundo as estimacións oficiais de mediados de 2022,Badan Pusat Statistik, Jakarta, 2023. e mesmo máis de se considerar a futura conurbación coa área metropolitana de Bandung ao sur.
DivisiónadministrativaProvinciaÁrea (km2)Poboación (2023)Censo oficial de 2023 por KemendagriDensidade hab./km2 (2023)IacartaRexión especial de Iacarta660,9811 350 32817 172TangerangBantén178,351 899 51410 651Tangerang surBantén164,861 404 7858 521DepokXava occidental199,911 927 8679 644Bekasi Xava occidental213,042 496 19811 717Distritos urbanos centrais 1 417,1419 078 69213 463Rexencia de BogorXava occidental2 991,785 495 3721 837Cidade de Bogor Xava occidental111,371 122 77210 082Rexencia de BekasiXava occidental1 251,023 172 8332 536Rexencia de TangerangBantén1 027,763 286 4203 198 Rexencia de Cianjur (parcial)Xava occidental277,24438 0701 580Distritos suburbanos 5 659,1713 515 4672 388Jabodetabek7 076,3132 594 1594 606
Fontes: Censo final de 2010 e censo final de 2020 / Badan Pusat Statistik - Indonesia. Indonesia: táboa de todas as divisións administrativas/ Citypopulation.de Kemendagri, xuño de 2022 estimación . Téñase en conta que a pandemia tivo efectos sesgados nos datos do censo 2020 en comparación coas estimacións do ano anterior, a favor das cidades satélite, mentres que os datos posteriores á pandemia indican unha volta ás cidades centrais. Este efecto repítese para Bandung, Surabaya, Palembang e Medan.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia de Iacarta
Categoría:Indonesia