Mario Kart Wii é un videoxogo de carreiras desenvolvido por Nintendo. Anunciado na E3 2007 para a consola Wii, foi lanzado en abril de 2008. É o sexto xogo da franquía Mario Kart.
Tal como nas edicións anteriores, Mario Kart Wii incorpora personaxes xogábeis da serie Mario que participan en carreiras de karts en 32 pistas diferentes utilizando power-ups para prexudicar os adversarios ou gañar vantaxes.
O xogo recibiu críticas positivas após o lanzamento, con eloxios ao modo online, aos personaxes, á xogabilidade, as pistas e aos karts, aínda que houbese críticas á súa IA e dificultade. Posúe varios modos dun xogador e multixogador, incluíndo unha pantalla dividida para catro persoas. O multixogador online vía Nintendo Wi-Fi Connection estaba dispoñíbel no lanzamento. Mario Kart Wii inclúe un novo accesorio para a Wii, o Wii Wheel, semellante a un volante dun automóbil. Este accesorio permite un control máis intuitivo e convencional na hora de xogar.
Xogabilidade Mario Kart Wii é un xogo de karts con modos dun xogador e multixogador. Os xogadores controlan unha das varias personaxes seleccionábeis da franquía Mario e participan en carreiras ou batallas utilizando karts ou motocicletas en percorridos temáticos baseados en niveis e fases da franquía Mario. Durante o xogo, o xogador ve a acción nunha perspectiva de terceira persoa. O xogador pode realizar manobras ao conducir que producen impulsos de velocidade, como derrapaxes.
Durante a condución, o xogador recolle power-ups de caixas de ítems colocadas en varios puntos da pista. Estes power-ups permiten ao xogador atacar os adversarios, facendo que estes desaceleren ou perdan o control da dirección; que se defendan contra os ataques, ou gañen impulsos en velocidade.
Modos de xogo
Grand Prix (Gran Premio): O xogador compite nunha copa contra 11 xogadores, podendo utilizar ítems para bater un ou todos os xogadores, co propósito de chegar en primeiro e ser o campión da copa. Ao final, o xogador recibe unha puntuación polo seu desempeño que é utilizada para poder desbloquear novos karts e personaxes. Time Trial (Contra o reloxo): Modo onde o xogador corre contra o reloxo nunha pista completamente baleira. A pesar de poder aparecer pantasmas correndo pola pista, son, na verdade, as marcas, sexan doutros xogadores (descargados pola Internet) sexa polo propio equipo de Nintendo (staff ghost) que xa correron pola pista, estas pantasmas serven para incentivar o xogador a bater a marca da pista. Battle (Batalla): Os xogadores son divididos en dous equipos para competiren entre si un tempo límite, os ítems afectan o equipo rival e non o propio. Competition (Competición): O xogador compite nunha competición en liña que envolve misións con obxectivos específicos.
O xogo tiña un modo online a través do servizo Nintendo Wi-Fi Connection. Neste modo o xogador podía xogar a carreiras contra outros xogadores en todo o mundo, engadir amigos, xogar modos de batalla ou recibir pantasmas para o modo Time Trial. A función foi descontinuada en maio de 2014, xuntamente con outros xogos da Wii e Nintendo DS que soportaban o xogo online.
Pistas O xogo conta con 32 circuítos e 10 arenas de batalla.
Circuítos CopaNome inglés oficialTradución galega (* = adaptación do portugués)Mushroom (Cogomelo)Luigi CircuitCircuíto do Luigi*Moo Moo MeadowsPrado Mu Mu*Mushroom GorgeBarranco Cogomelo*Toad's FactoryFábrica do Toad*Flower (Flor)Mario CircuitCircuíto do Mario*Coconut MallCentro Comercial Coco*DK's Snowboard CrossPico DK*Wario's Gold MineMina de Ouro do Wario*Star (Estrela)Daisy CircuitCircuíto da Daisy*Koopa CapeCabo Koopa*Maple TreewayPista de Árbores*Grumble VolcanoVolcán Roñón*Special (Especial)Dry Dry RuinsRuínas Desertas*Moonview HighwayAutoestrada ao Luar*Bowser's CastleCastelo do Bowser*Rainbow RoadEstrada Arco Iris*Shell (Carapa)GCN Peach BeachGCN Praia Peach*DS Yoshi FallsDS Cataratas do YoshiSNES Ghost Valley 2SNES Vale Pantasma*N64 Mario RacewayN64 Pista do Mario*Banana (Banana)N64 Sherbet LandN64 Circuíto Xeado*GBA Shy Guy BeachGBA Praia MasquitoDS Delfino SquareDS Praza DelfinoGCN Waluigi StadiumGCN Estadio Waluigi*Leaf (Folla)DS Desert HillsDS Outeiros Desérticos*GBA Bowser Castle 3GBA Castelo do Bowser 3*N64 DK's Jungle ParkwayN64 Parque da Selva do DKGCN Mario CircuitGCN Circuíto do Mario*Lightning (Lóstrego)SNES Mario Circuit 3SNES Circuíto do Mario 3*DS Peach GardensDS Xardín da Peach*GCN DK MountainGCN Montaña DK*N64 Bowser's CastleN64 Castelo do Bowser*
Arenas ArenasNome inglés oficialTradución galega (* = adaptación do portugués)WiiBlock PlazaPraza dos BloquesDelfino PierEmbarcadoiro DelfinoFunky StadiumEstadio FunkyChain Chomp RouletteRuleta Corrente DentadaThwomp DesertDeserto do GranitónRetroSNES Battle Course 4SNES Batalla 4*GBA Battle Course 3GBA Batalla 3*N64 SkyscraperN64 RañaceosGCN Cookie LandGCN Biscoitolandia*DS Twilight HouseDS Casa Crepuscular*
Recepción O xogo recibiu críticas positivas, cunha media de 82 no Metacritic. A Eurogamer deulle unha puntuación de 8/10 eloxiando a Wii Wheel como «ergonómicamente brillante» a pesar de ser inútil. A IGN deulle unha puntuación de 8,5/10 dicindo que a pesar de non ser o mellor Mario Kart, era excelente no que toca ao online. A Nintendo Life deulle unha puntuación de 9/10. Mario Kart Wii vendeu 37,38 millóns de copias, sendo o segundo xogo máis vendido da Wii, despois do Wii Sports, e o xogo de Mario máis vendido da Wii.
Notas
Categoría:Videoxogos de Wii Categoría:Videoxogos de Nintendo Categoría:Videoxogos de Nintendo Entertainment Analysis and Development Categoría:Videoxogos de 2008