Mariya Ivanova Gabriel, nada o 20 de maio de 1979, é unha política búlgara que foi viceprimeira ministra e ministra de Asuntos Exteriores de Bulgaria dende xuño de 2023 a abril de 2024 e comisaria europea de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Xuventude de 2019 a 2023 na Comisión Europea de Ursula von der Leyen.

Anteriormente, comisaria europea de Economía e Sociedade Dixitais de 2017 a 2019 na Comisión Europea de Jean-Claude Juncker.

Foi membro do Parlamento Europeo de 2009 a 2017. É membro do partido político Cidadáns polo Desenvolvemento Europeo en Bulgaria e do Partido Popular Europeo.

Biografía Mariya Ivanova Nedelcheva naceu o 20 de maio de 1979 en Gotse Delchev. Graduouse en filoloxía búlgara e francesa pola Universidade de Plovdiv e posteriormente obtivo un máster en Política Comparada e Relacións Internacionais polo Instituto de Estudos Políticos de Bordeos.

Vida persoal En 2012, casou con François Gabriel —de quen tomou o apelido—, un estreito colaborador de Joseph Daul no Partido Popular Europeo. A parella ten un fillo.

Notas

Categoría:Nados en 1979