María Paula Fernández Estigarribia, nada en Asunción o 30 de agosto de 1998, é unha xogadora de balonmán paraguaia. Xoga de extremo esquerdo no Club Balonmano Zonzamas e na selección de balonmán feminina de Paraguai.
Traxectoria Comezou a xogar ao balonmán no colexio aos 8 anos, e despois no Atlántida. En 2014 pasou a Cerro Porteño. Tras xogar o Mundial en Eslovaquia quedou en España, e na tempada 2016-17 xogou no equipo asturiano BM La Calzada, mais regresou a Cerro Porteño. Na tempada 2019-20 estivo cedida no Olimpia. En 2021 fichou polo BB Oviedo e foi máxima goleadora da División de Honor Prata con 203 goles na tempada 2021-22. En 2022 fichou polo CB Atlético Guardés. Tras tres tempadas no equipo galego, en 2025 fichou polo Club Balonmano Zonzamas de Lanzarote. Selección
Coa selección paraguaia participou en: Campionato Panamericano de Balonmán Xuvenil Feminino de 2016 Campionato Panamericano de Balonmán Feminino de 2017 Xogos Bolivarianos de 2017 Campionato Mundial de Balonmán Feminino de 2017 Campionato Panamericano de Balonmán Xuvenil Feminino de 2018 Campionato Sur-Centroamericano de Balonmán Feminino de 2018 Campionato Sur-Centroamericano de Balonmán Praia 2019 Campionato Sur-Centroamericano de Balonmán Feminino de 2021 Xogos Panamericanos Júnior 2021 Xogos Bolivarianos 2022 Campionato Centroamericano de Balonmán Feminino 2023 Xogos Panamericanos de 2023
Notas
Categoría:Nados en Asunción Categoría:Nados en 1998 Categoría:Xogadores do Atlético Guardés Categoría:Xogadores de balonmán de Paraguai