Os ocainas son un pobo indíxena amazónico do Perú e Colombia. É un pobo que se atopa en grave perigo de extinción, xa que no ano 2012 só había 176 persoas. Falan a lingua ocaina, da familia bora–witoto.

Habitan nas ribeiras dos ríos Yaguasyacu, Ampiyacu, Jamayacù, Putumayo e Algodón (no Perú); e Apoporis, Caquetá e Putumayo (en Colombia). O seu autónimo é Dyo'xaiya ou Ivo'tsa.https://web.archive.org/web/20110925042406/http://www.siamazonia.org.pe/Archivos/Publicaciones/Amazonia/Atlas/cap2/fra_cap2.htm

Historia 200px|miniatura|Territorio habitado polos ocainas. Os ocainas comparten historia e moitas características culturais cos witotos, resígaros e andoques.

Estes grupos habitaban o extremo sur de Colombia e foron levados a territorio peruano polos patróns durante o boom do caucho, no coñecido como xenocidio do Putumayo. A violencia infrinxida sobre este, e outros pobos, descendeu a súa poboación e atópanse en proceso de asimilación cos witotos.https://web.archive.org/web/20110925042406/http://www.siamazonia.org.pe/Archivos/Publicaciones/Amazonia/Atlas/cap2/fra_cap2.htm

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia Xenocidio do Putumayo Lingua ocaina Bibliografía

Categoría:Pobos indíxenas de Colombia Categoría:Pobos indíxenas do Perú