A Sociedade Deportiva Valiño Cabo de Cruz é un equipo de fútbol da parroquia de Castro, no concello de Boiro. Foi fundado en 1970 e xoga dende a súa fundación no Campo de Valiño e dende a tempada 2023-24 compite na Primeira Galicia.
Historia O club inscribiuse na Real Federación Galega de Fútbol no ano 1970 co nome de Sociedad Deportiva Cabo de Cruz, e participou por primeira vez no campionato oficial de liga na tempada 1971-1972. O primeiro presidente da sociedade foi Gonzalo Cortés Sánchez.
En 1992, baixo a presidencia de Elias López Hermo, o club viuse na obriga de cambiar de nome por non ter renovada a inscrición no rexistro de clubs da Xunta de Galicia, e pasou a denominarse Sociedade Deportiva Valiño Cabo de Cruz xa que co nome orixinal do club estaba inscrito un club de voleibol.
Traxectoria O club tivo catro ascensos a segunda rexional: tempada 1993-94 presidido por Adolfo Sieira Rodríguez, na 1997-98 por Eugenio Rodríguez Fernández, na 2009-10 por Francisco Fernández Santamaría e na 2014-15 por Fabián Fernández Lojo.
Na temporada 2001-2002, durante a presidencia de Teodoro Ojea Fajardo, a SD Valiño Cabo de Cruz gañou por primeira vez na súa historia o campionato de Segunda Rexional mais non acadou o ascenso ao perder co Sigüeiro CF nas eliminatorias de ascenso. O ascenso a Primeira Rexional chegou na tempada 2022-23: aínda que non acadaron o campionato de liga, conseguiron o ascenso nos playoffs derrotando o Corme CF, SD Urdilde e na final o Bertamiráns CF. O equipo estaba presidido por Fabián Fernández e adestrado por Antonio Ríos "Vecho".
Na actualidade o club milita no Grupo 5 da Primeira Rexional, e as súas categorías bases agora están integradas na estrutura da Escola de Fútbol Municipal Concello de Boiro, da cales foron socios fundadores.
Tempadas 1ª Rexional: 3 (contando a 25/26) 2ª Rexional: 25 3ª Rexional: 9
Palmarés Segunda Rexional (1): 2001-02. Terceira Rexional (2): 1997-98, 2009-10. Recoñecementos
En 2024 o club foi galardoado na Festa do Deporte de Boiro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Boiro Categoría:Deporte en Boiro