Pau Sans López, nado en Zaragoza o 24 de novembro de 2004, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Real Zaragoza, da Segunda División.

Traxectoria Nado en Zaragoza, en 2017 ingresou na canteira do Real Zaragoza, procedente da UD Amistad. O 5 de febreiro de 2023 debutou co Deportivo Aragón na Segunda Federación, nun partido contra o Teruel.

Seis días despois debutou co primeiro equipo do Zaragoza na Segunda División, substituíndo a Miguel Puche na segunda metade dun partido ante o Deportivo Alavés.

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza