San Felipe é unha área non municipalizada colombiana do departamento de Guainía, na parte meridional deste. Inicialmente o seu centro poboado foi a capital da comisaría de Guainía, hoxe departamento; logo, a capitalidade deste pasou a Puerto Obando (hoxe Inírida). Segundo os datos do censo de 2015 tiña unha poboación de 2050 persoas.

San Felipe limita polo norte coa área non municipalizada de Puerto Colombia, polo este con Venezuela, polo sur con La Guadalupe e polo oeste co Brasil.

En 2019, houbo un intento de transición das áreas non municipalizadas de San Felipe, Pana Pana, Puerto Colombia a concello con cabeceira en San Felipe, mais a comunidade dos centros poboados implicados votou en contra nunha consulta popular.

Notas

Categoría:Concellos de Guainía