Ana Belén Palomino Delgado, nada en Cáceres o 14 de decembro de 1996, é unha xogadora de balonmán estremeña. Xoga de porteira no BM Porriño.
Traxectoria
Clubs
Criada en Miajadas, iniciouse no balonmán aos 10 anos no CD Paideuterión, o equipo do seu colexio. En 2014 fichou polo Cleba. O primeiro ano tivo ficha do filial, pero debutou no primeiro equipo en División de Honor, onde compartiu posición con Cristina González Ramos.
Na tempada 2016-17 xogou no HC Puig d'en Valls de Eivisa, na primeira tempada do equipo balear na División de Honor. En marzo de 2018 sufriu unha lesión de xeonllo. Ao rematar a tempada o equipo renunciou á praza en División de Honor, e Ana Belén fichou polo Balonmano Castellón, mais deixou o equipo ao descender a División de Prata.
En 2019 fichou polo Rocasa Gran Canaria para suplir a retirada de Dana Hernández. Co equipo canario debutou en competición europea e acadou a Supercopa de España na súa primeira tempada e a Copa Europea da EHF na tempada 2021-22.
Tras a chegada de Lulu Guerra ás Canarias Ana Belén non xogou moitos minutos, polo que en 2023 decidiu fichar polo BM Porriño.
Selección
Se ben foi habitual coa selección júnior, non chegou a xogar coa selección feminina de balonmán de España.
Palmarés Clubs 1 x Supercopa de España (2019/20) 1 x EHF European Cup (2021/22)
Galardóns individuais
Insignia de prata da Federación Extremeña de Balonmano. Mención especial do Ayuntamiento de Miajadas Guerrera Iberdrola (xornada 14 de 2016-17, xornada 15 de 2018-19)
Notas
Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Nados en 1996 Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do BM Porriño