A necrópole megalítica da Roza das Modias foi unha necrópole de mediados do III milenio a. C. atopada en Alba, Vilalba.

Características Tres dos sete túmulos, en diferentes graos de conservación, presentaban gravados realizados sobre lousas xistosas.

Túmulo A A cámara poligonal do túmulo A presenta gravados oscilantes en catro das sete lousas, representando o que podería tratarse de serpes, que tamén poden relacionarse coa plasmación de imaxes obtidas en visións alucinatorias. Estes gravados que só poderían ser vistos polos mortos están relacionados coas ideas relixiosas características da cultura megalítica.

Ten 12 metros de diámetro e 1,50 de altura. A cámara é poligonal sen lousa de cobertura e oito ortóstatos visiblemente inclinados cara ao interior.

Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011.

Galería

Notas

Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia Categoría:Necrópoles Categoría:Vilalba Categoría:Megálitos de Galicia Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo