Apteeker Melchior é un filme estoniano de 2022 dirixido por Elmo Nüganen.First 'Melchior the Apothecary' film off to successful start in Estonia ERR News, 22.04.2022 É o primeiro título da triloxía cinematográfica de Melchior, baseada nas novelas de Indrek Hargla. Está protagonizado por Märten Metsaviir no papel do boticario Melchior Wakenstede, que resolve crimes no Talín medieval.

Personaxes

Märten Metsaviir como Melchior Wakestende Maarja Johanna Mägi como Keterlyn Wakenstede Alo Kõrve como Wentzel Dorn Siim Kelner como Clingenstain Ken Rüütel como Hinric o monxe Marko Matvere como Spanheim Martin Kork como Martin Mait Malmsten como Rode Kristjan Sarv como Rinus Andero Ermel como Freisinck Franz Malmsten como Kilian Henessi Schmidt como Hedwig Hendrik Toompere Jr. como Casendrope Jaan Pehk como Ditmar Gatis Gaga como Ludeke Liis Maria Kaabel como Valge Akrobaat Loora-Eliise Kaarelson como moza na sala do xulgado Amanda Hermiine Künnapas como serva

Produción As localizacións de rodaxe en Talín inclúen o mosteiro de Santa Catarina, os Xardíns do Rei de Dinamarca, Raekoja plats e a rúa Pikk Jalg. Tamén se filmaron algunhas escenas no Castelo de Kuressaare.Filming of "Apothecary Melchior" closes roads in Tallinn's Old Town ERR News, 18.09.2020

A segunda parte da triloxía, Apteeker Melchior. Viirastus, estreouse en agosto de 2022, e a terceira Apteeker Melchior. Timuka tütar en outubro dese mesmo ano. É a primeira vez na historia do cinema de Estonia que se estrea unha triloxía enteira nun só ano natural.Box office: 'Melchior' draws more than 57,000 moviegoers and counting ERR News, 25.04.2022

Estrea O filme íase estrear en outubro de 2021, mais adiouse até abril de 2022 por mor da pandemia de COVID-19.'Melchior the Apothecary' release delayed until spring ERR News, 13.01.2022

É un dos filmes máis exitosos da historia do cinema de Estonia, con 125.500 entradas vendidas até o 31 de agosto de 2022. É un dos 11 filmes de Estonia que vendeu máis de 100.000 entradas dende que Estonia restabeleceu a independencia.Global Screen Picks-up Melchior the Apothecary Trilogy Film New Europe, 31.08.2022"Apteeker Melchioril" täitus 100 000 vaatajat ERR News, 23.05.2022 Tamén tivo unha estrea limitada en Vantaa, Finlandia, e o produtor Veiko Esken declarou que a resposta foi tan positiva que tamén proxectarían as secuelas en Vantaa.Detektiivisaaga ulatub Eestist kaugemale: apteeker Melchior jõudis Soome Postimees, 19.08.2022“Apteeker Melchior. Viirastus” jõudis Soome Geenius, 18.08.2022

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes de Estonia Categoría:Filmes dirixidos por Elmo Nüganen Categoría:Filmes rodados en Estonia Categoría:Filmes ambientados en Talín