Frank Helmut Auerbach, nado en Berlín o 29 de abril de 1931 e finado en Londres o 11 de novembro de 2024, foi un pintor alemán que se converteu en cidadán británico en 1947.
Traxectoria Fillo do avogado Max Auerbach e da pintora Charlotte Nora Burchardt, naceu en Berlín pero grazas á escritora Iris Origo, foi enviado a Inglaterra en 1939 para escapar da persecución nazi. Aos sete anos marchou vía Hamburgo cara a Southampton. Nunca volveu ver os seus pais, que morreron en campos de concentración. Na escola de Kent, destacou como actor e pintor, participando nas obras de Peter Ustinov en St Pancras. Estudou no Royal College of Art de 1952 a 1955.
A súa primeira exposición individual foi en 1956, e as principais mostras na Marlborough Gallery de Nova York en 1969, 1982, 1994, 1998 e 2006. En 1986 representou Inglaterra na Bienal de Venecia, gañando o premio xunto a Sigmar Polke.
Realizou importantes retrospectivas no Kunstverein de Hamburgo, no Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, en 1987, no Museo Van Gogh de Amsterdam, en 1989; no Yale Centre for British Art, New Haven, e na National Gallery, Londres, en 1995.William Feaver, Frank Auerbach, Rizzoli, 2009 (Inglés)
Notas
Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Pintores do Reino Unido Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores do século XXI