Demón (latín Demo, grego antigo Δήμων Demon) foi un historiador grego autor dunha obra titulada Atthis (Ἀτθίς), unha historia da Ática. En resposta a esta, Filocoro escribiu a súa historia da Ática. Deste feito dedúcese que debeu vivir pouco antes de Filocoro, entre o século -IV e o -III. Cítano Plutarco, Ateneo de Naucratis e Suídas.
Probabelmente tamén foi autor dun libro de proverbios (περὶ παροιμιῶν) do que se conservan algúns fragmentos, recollidos por Estevo de Bizancio, Focio e Suídas, entre outros. Valerio Harpocratión considérao o autor dun libro sobre sacrificios, περὶ Θυσιῶν 1.Demon en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 977. Notas
Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III