½ farthing "½ Farthing - Victoria 1st portrait; incl. Colonial". Numista.comVitoria (1837-1901)117x117px114x114px A/: Busto xuvenil de Vitoria, cara á esquerda. Lendas: VICTORIA D:G: BRITANNIAR: REGINA F:D: R/: Valor facial e data; coroa real arriba; rosa, cardo e trevo no exergo. Lendas: HALF / FARTHING Datas: 1839-1856. País: Reino Unido. Ceca: Royal Mint. Gravador: William Wyon. Metal: Cobre. Diámetro: 18,00 mm. Espesor: 1,30 mm. Peso: 2,36 g. Canto: liso.

O medio farthing foi unha moeda británica equivalente a 1⁄1920 da libra, 1⁄96 do xilin ou 1⁄8 de penique.

Esta moeda cuñouse inicialmente en cobre para o seu uso no territorio británico de Ceilán en varios anos entre 1828 e 1856. En 1842, o medio farthing tamén foi declarado de curso legal no Reino Unido.

A moeda de medio farthing foi desmonetizada xunto con todas as demais moedas de cobre británicas o 31 de decembro de 1869.

Historia

Moeda de cobre A Royal Mint produciu por primeira vez moedas de medio farthing en 1828, destinadas ao seu uso exclusivamente en Ceilán,"Fractional farthings". Royalmintmuseum.org.uk utilizando uns cuños deseñados e gravados por William Wyon.Peck, C. W. (1960). Páxina 397. O anverso deste primeiro modelo amosaba un retrato de Xurxo IV ollando cara á esquerda, coa lenda GEORGIUS IV DEI GRATIA e a data, en tanto que o reverso representaba unha personificación de Britannia sedente con escudo, ollando cara á dereita e sostendo un tridente, coa inscrición BRITANNIAR: REX FID: DEF:. As moedas eran de cobre, pesaban 2,4 gramos e tiñan un diámetro de 18 milímetros.Peck, C. W. (1960). Páxinas 394-398. A ceca londiniense produciu unha segunda emisión de Xurxo IV en 1830."½ Farthing - George IV". Numista.comPeck, C. W. (1960). Páxina 398.

Posteriormente, durante o reinado de Guillerme IV, en 1837 a ceca realizou unha nova emisión de moeda, incluídos os medios farthings. No seu anverso figuraba o retrato de Guillerme ollando cara á dereita, igualmente obra de Wyon, coa lenda GULIELMUS IIII DEI GRATIA e a data. Nesta serie utilizáronse os mesmos cuños de reverso que nas dúas emisións a nome de Xurxo IV,Peck, C. W. (1960). Páxina 402. e cuñáronse cos mesmos padróns de tamaño e peso."½ Farthing - William IV". Numista.comPeck, C. W. (1960). Páxina 400.

Wyon redeseñou o medio farthing para a primeira emisión da raíña Vitoria en 1839. No anverso utilizáronse os mesmos cuños que nas moeda de catro peniques da serie Maundy de Wyon, cun retrato da raíña Vitoria xuvenil ollando cara á esquerda e a lenda VICTORIA D: BRITANNIAR: REGINA F: D:. A Casa da Moeda redeseñou por completo o reverso para evitar calquera parecido entre os medios farthings e as moedas de catro peniques introducidas en 1836 e emitidas para Ceilán en 1839.Peck, C. W. (1960). Páxina 413. Este novo reverso presentaba unha coroa real sobre as palabras HALF FARTHING e a data. Debaixo da data, as moedas amosaban unha rosa heráldica con tres follas a cada lado.Peck, C. W. (1960). Páxina 414.Clayton, T. "Coins of England and Great Britain: Fractional Farthings: The Half Farthing". Coins-of-the-uk.co.uk Este deseño era moi similar ao do cuarto de farthing, que se cuñara por primeira vez ese mesmo ano. A ceca londiniense realizou outras emisións en 1842, 1843, 1844, 1847, 1851, 1852, 1853, 1854 e 1856, todas co mesmo tamaño e peso que as emisións de Xurxo IV e de Guillerme IV,Peck, C. W. (1960). Páxina 403. pero con emblema da rosa cambiado por un conxunto dunha rosa, un cardo e un trevo.

O 13 de xuño de 1842, as moedas de medio farthing pasaron a ser de curso legal tamén no Reino Unido. Varias cartas ao director de The Times criticaron esta proclamación.Peck, C. W. (1960). Páxina 617.

No marco do proceso de substitución da moeda de cobre británica da década de 1860, todas as moedas de cobre británicas, incluídos os medios farthings, foron desmonetizadas e retiradas da circulación o 31 de decembro de 1869."Fractional farthings". Royalmintmuseum.org.uk A Royal Mint chegou a cuñar en proba algúns exemplares de medio farthing en bronce e en cuproníquel en 1868, aínda que non chegaron a producirse en grandes cantidades nin a pórse en circulación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Peck, C. W. (1960). English Copper, Tin and Bronze Coins in the British Museum 1558-1958. British Museum. Londres.

Outros artigos

Farthing Moeda dun terzo de farthing Moeda dun cuarto de farthing Substitución da moeda de cobre británica na década de 1860

Ligazóns externas

"Half Farthing. Coin Type from United Kingdom. Detailed information" (Onlinecoin.club) "Fraccional Farthings: Third farthings (1828 – 1956)" (Aboutfarthings.co.uk)

Categoría:Moedas do Reino Unido Categoría:Moedas de Sri Lanka Categoría:Moedas divisionarias Categoría:Moedas fóra de curso