Fagira D. Morti, pseudónimo de Margit Adorf, nada en Talín o 14 de febreiro de 1974, é unha xornalista, tradutora e poestisa estoniana. O pseudónimo é case un anagrama do seu nome civil.
Traxectoria
Formación Fagira D. Morti formouse no instituto en Talín en 1992. Despois estudou xornalismo na Universidade de Tartu durante un tempo, pero non rematou. Vive como xornalista e autora independente en Talín.
Fagira D. Morti estreouse en 1995 cun primeiro volume de poesía e posteriormente publicou poesía na revista Looming. A finais do século XX, actuou xunto con Jan Kaus, Kalju Kruusa e Juku-Kalle Raid no grupo Õigem valem ("A fórmula máis correcta"). O grupo publicou varias antoloxías, algunhas das cales presentan un traballo de tipo experimental.Hasselblatt (2006), p. 790 Adoita presentar poemas pictográficos con forma de copa e emprega a ironía e un certo sentido dramático.
Os seus poemas caracterízanse por un "humor escuro, unha ambigüidade macabra", porque na súa "normalidade" sempre hai algo "indefinido, ameazante, ominoso, francamente obsceno e decadente". Algúns dos seus poemas tamén foron traducidos ao inglés.VV.AA. (2001), pp. 28-30
Na súa faceta como crítica literaria e cinematográfica, asina co seu nome real -Margit Adorf- , é aguda e de lingua afiada.
Obras
1995: colección de poesía "Libamaailm" 2001: colección de poesía "Normaalsuse etalon" 2018: colección de poesía "Pöörane kiskjaloom"
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Xornalistas de Estonia Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Talín Categoría:Poetas de Estonia Categoría:Tradutores de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana Categoría:Poetas en lingua estoniana