Bambi: Eine Lebensgeschichte aus dem Walde é unha a novela escrita polo autor austríaco Felix Salten. Publicada por primeira vez en 1923, a historia trata dun corzo e a súa vida mentres vai crecendo, porén non se trata dunha fábula ao estilo clásico, nin, segundo algúns, do uso dos animais como metáforas para expresar aspectos do comportamento humano, senón que trata de explicar que é o que poden sentir os animais salvaxes, aínda que segundo outros, na súa versión máis extensa, podería ser interpretado como unha alegoría sobre o antisemitismo.
Adaptacións O libro foi levado ao cinema no filme Bambi por Walt Disney Productions, e tivo unha secuela titulada Bambi II no ano 2006.En realidade, a "secuela" é unha obra situada nun tempo intermedio do filme, o que chaman midquel en lingua inglesa. Nestes filmes de Disney, Bambi foi debuxado como un cervo virxiniano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Literatura infantil Literatura infantil e xuvenil
Ligazóns externas Bambi, the Austrian deer Artigo arquivado en Wayback Machine, por Paul A. Schons published en Kulturecke (Germanic-American Institute), setembro do ano 2000.
Categoría:Literatura de Austria Categoría:Literatura en lingua alemá