Os Bolechas: Historia de Galicia é unha serie de televisión galega de animación de 2024 da franquía Os Bolechas creada por Pepe Carreiro. É unha serie educativa infantil que recolle a historia de Galicia dende a Prehistoria até o presente. Ademais da serie de animación tamén se materializou nunha serie de banda deseñada de 24 volumes. Cada libro e episodio audiovisual céntrase nun episodio ou época concreta.

A colección conta co asesoramento histórico de Miguel García-Fernández.

Os episodios da serie están dispoñibles na plataforma en liña do Xabarín Club.

Episodios

Capítulo 1: Cando andabamos polo monte Capítulo 2: Cando domesticamos os animais e as plantas Capítulo 3: Cando descubrimos o ferro Capítulo 4: Cando pelexamos coas lexións romanas Capítulo 5: Cando fundamos un reino co pobo suevo Capítulo 6: Cando viviamos na Idade Media Capítulo 7: Cando inventamos o Camiño de Santiago Capítulo 8: Cando construímos os mosteiros Capítulo 9: Cando botamos os viquingos Capítulo 10: Cando fixemos marabillas coas pedras Capítulo 11: Cando cantabamos cantigas Capítulo 12: Cando comezamos a vivir nas cidades Capítulo 13: Cando derrubamos os castelos

Produción A produción da serie foi contratada por Edicións Bolanda, S.L., que recibiu un financiamento de 148.000 euros por parte da CRTVG.

Estrea A serie de animación estreouse na plataforma do Xabarín Club o 25 de xullo de 2024, co gallo Día Nacional de Galicia.

A serie de banda deseñada presentouse no Museo Pedagóxico de Galicia de Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2024, xunto coa estrea dun novo vídeo da serie animada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming Ligazóns externas Os Bolechas: Historia de Galicia en AGalega

Categoría:Xabarín Club Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega Categoría:Historia de Galicia