Bodies é unha miniserie de televisión británica escrita e creada por Paul Tomalin para Netflix. Foi dirixida por Marco Kreuzpaintner e Haolu Wang. Baséase na novela gráfica homónima de 2014-15 de DC Vertigo , escrita por Si Spencer e ilustrada por Dean Ormston, Tula Lotay, Meghan Hetrick e Phil Winslade. A miniserie componse de 8 episodios que se estrearon en Netflix o 19 de outubro de 2023.

Sinopse A historia comeza coa aparición dun cadáver en Longharvest Lane, na zona de Whitechapel de Londres. Este suceso ocorre no mesmo lugar en catro anos diferentes: 1890, 1941, 2023 e 2053, e provoca catro investigacións por parte da Policía Metropolitana que finalmente se interrelacionan, con consecuencias de grande alcance.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023 Categoría:Series de televisión do Reino Unido