miniatura|Nómade dixital a traballar desde unha cafetaría. O termo nómade dixital abrangue a aqueles profesionais que, para exerceren o seu desenvolvemento laboral, empregan as novas tecnoloxías e o traballo remoto para levaren a cabo un estilo de vida nómade. Polo xeral, os nómades dixitales teletraballan mediante un ordenador, ben sexa desde casas ou hoteis até desde cafeterías ou lugares públicos, en lugar de facelo desde unha oficina ou posto de traballo fixo. Esta flexibilidade situacional, sumada moitas veces á flexibilidade horaria, permite aos nómades dixitais viaxaren por diferentes países sen que iso teña unha repercusión laboral.
Descrición O nomadismo dixital ou nomadismo laboral é un proceso socioeconómico e un movemento propio do século XXI e da xeneralización das novas tecnoloxías no traballo. Supón unha forte liberación do profesional respecto das súas barreiras xeográficas, rutinas e horarios fixos. Tamén tende a contribuír á ruptura das xerarquías e estruturas de traballo tradicionais.
Un nómade dixital adoita vivir un estilo de vida baseado nunha gran liberdade xeográfica, vivindo onde queira o tempo que queira. Aínda que viaxa moito ou vive en lugares distintos, non é un viaxeiro tradicional, xa que o seu traballo sempre o acompaña.
Ferramentas e eivas de traballo miniatura|250x250px|Espazo de coworking ou traballo cooperativo en Glasgow. Os nómades dixitais utilizan tecnoloxías da comunicación, especialmente internet e aplicacións de software, das que dependen para cumprir os seus obxectivos laborais. As súas ferramentas de traballo esenciais son os portátiles, os teléfonos intelixentes e as tabletas; para moitos tamén equipos fotográficos e de vídeo.
Adoitan traballar desde espazos de coworking, cafeterías, librarías ou bibliotecas públicas e desde oficinas na casa. Lugares con boa conexión a Internet.
Os espazos de coworking Os espazos de coworking ocupan un lugar destacado no nomadismo dixital. Ditos espazos adoitan ser, ou ben oficinas habilitadas para, mediante unha cota ou pago, ser empregadas para tal fin; ou ben cafetarías ou outros negocios que se benefician de fontes de ingresos secundarias derivadas do emprego de dito espazo para traballar, como son bebidas, comidas ou outro tipo de material.
O coworking permite compartir oficina e equipamento, e é unha proposta máis elaborada que, por exemplo, os cibercafés, contornas nos que tamén hai conexión a Internet.
O traballo cooperativo fomenta relacións estables entre profesionais de distintos sectores que poden dar lugar a novas relacións cliente-provedor así como intercambios horizontais e colaboración entre os propios compañeiros de traballo.
Tipos de nómades e profesións máis habituais Hai tres tipos de perfís nos que encaixa un nómade dixital:
Empregado remoto: asalariado e empregado dunha empresa que permite aos seus traballadores o traballo remoto. Traballador por conta propia ou autónomo. Freelancer. Empresario ou emprendedor.
No tocante ás profesións, unha persoa pode converterse nun nómade dixital sempre que a súa profesión ou fontes de ingresos lle permita facelo desde calquera lugar. As actividades máis habituais están relacionadas coas novas tecnoloxías da información, a mercadotecnia dixital, a produción e difusión de contidos dixitais e tamén as funcións de consultoría en diversas áreas, funcións comerciais e de vendas.
Habitualmente un nómade dixital funciona como:
Programador de software (software developer) Comunity manager Creador de contidos, youtuber, instagramer etc. Influencer. Fotógrafo Consultor Asistente virtual Comerciante ou trader Deseñador web Redactor, xornalista Asesor fiscal, contábel Avogado Profesor de idiomas Tradutor Produtor, guionista, montador.
Consecuencias do nomadismo dixital
Vantaxes Entre as motivacións máis frecuentes para adoptar este estilo de vida nómade, podemos falar dunha maior calidade de vida, a opción de poder pasar máis tempo coa familia, a flexibilidade xeográfica, a elección de vivir en climas máis amables, o desfrute de viaxes de longa duración e o dominio do tempo.
Desvantaxes O nomadismo dixital tamén posúe inconvenientes, tanto para os propios nómades coma para a cidade ou lugar de acollida.
Entre os problemas que ás veces poden enfrontarse os nómades dixitais son o illamento ou soidade, a falla de pertenza a un lugar ou a dificultade para manter unha rutina estábel. Outra das desvantaxes, froito da excesiva dixitalización dos empregos que levan a cabo, e a práctica imposibilidade da desconexión dixital, así coma dependencia tecnolóxica. Tamén, ao traballaren moitas veces dende fusos horarios diferentes ou remotos, os nómades dixitais teñen que traballar de madrugada ou a horas pouco habituais, o que pode ocasionar trastornos do sono.
O nomadismo dixital tamén ten impacto na sociedade receptora. En moitas ocasións os nómades dixitais escollen destinos cun nivel socioeconómico moito menor que os dos seus países de orixe. Así, o salario en dólares ou euros de moitos dos traballadores, moito maior que os salarios da poboación local, repercute no prezo na vivenda, dos servizos ou dos prezos en xeral, nun proceso moi semellante á xentrificación das cidades.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nomadismo Teletraballo Xentrificación
Categoría:Vida persoal Categoría:Traballo