Matilda Nilsson, nada en Kirkkonummi o 2 de marzo de 1997, é unha xogadora de hóckey sobre xeo finlandesa. Xoga de ala e o seu equipo actual é o Ilves de Tampere da Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés.

Traxectoria Matilda Nilsson naceu en Kirkkonummi, un municipio da área metropolitana de Helsinqui, o 2 de marzo de 1997 no seo dunha familia de fala sueca. Na súa localidade natal comezou a patinar aos cinco anos.

No outono de 2022 Nilsson fichou polo Brynäs IF da SDHL, liga profesional feminina de Suecia. Na súa primeira tempada no equipo de Gävle conseguiu 16 goles e 12 asistencias para un total de 28 puntos.

A finais de outubro de 2023 trasladouse a Gotemburgo para xogar no Frölunda HC, tamén na SDHL, para cubrir a baixa por lesión da capitá do equipo Hanna Olsson.

Notas

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Finlandia Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Xogadoras do KJT Haukat Categoría:Xogadoras de KalPa Naiset Categoría:Xogadoras de Stadin Gimmat Categoría:Xogadoras do Brynäs IF Dam Categoría:Xogadoras do Frölunda HC Dam Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset