miniatura|dereita|250px|Distribución dos apelidos máis comúns por provincias en España, segundo datos de 2006. López é o apelido máis común na provincia de Lugo. López é un apelido galego. A súa orixe é patronímica e deriva do nome Lopo.Heráldica valenciana: López Segundo datos do INE de 2016, é o quinto apelido máis estendido en España, logo de García, Fernández, González e Rodríguez. 871146 persoas lévano como primeiro apelido, o que equivale ao 1,87% da poboación empadroada en España.
En xaneiro de 2023 existían 150.414 persoas en Galicia co apelido López, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido López na web do Instituto Galego de Estatística.
Etimoloxía Os apelidos patronímicos están moi difundidos e son aqueles que xurdiron dun nome propio. Durante a Idade Media en varios reinos da península Ibérica empregábase a desinencia patronímica -ez. O apelido López é un exemplo claro disto: do nome común Lopo deriva López. Lopo, á súa vez, provén do latín lupus ("lobo").
Ao apelido atribuíuselle o significado de "gobernador" porque a súa orixe é romana, mais os estudos históricos concluíron que o patronímico de Lopo unido co sufixo "ez" significa "fillo de lobos".
Orixe Hai distintas teorías sobre a súa posible orixe. Nunha delas sinálase que en tempos da conquista romana chegou á península unha familia chamada Lupos, de orixe patricia. De devandita familia procedía a raíña Lupa, ou Loba, residente en Galicia, onde xurdiu o apelido que despois pasou a Andalucía. Deste xeito é bastante probable que o apelido fose de orixe galega, que logo se espallou pola península Ibérica.
Na batalla das Navas de Tolosa de 1212 tense constancia da presenza de numerosos cabaleiros López, así como na batalla do Salado de 1340, na conquista de Lorca, Córdoba, Antequera e outras cidades. Por iso é posible que, logo de participar en accións bélicas por aquelas terras, o apelido se estendese por todo o sur da península Ibérica.
A posterior colonización do continente americano, levou á súa difusión por toda Hispanoamérica.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.
Categoría:Apelidos galegos Categoría:Apelidos casteláns