Ricardo Bartolomé Santamaría, nado cara a 1844 e finado en Madrid o 27 de decembro de 1904, foi un xornalista, empresario e político español.

Traxectoria Profesor mercantil. Republicano. Nas eleccións de agosto de 1872 foi elixido deputado polo distrito de Ourense e volveu ser elixido deputado polo distrito de Xinzo de Limia nas eleccións de 1873 e foi secretario das Cortes Constituintes. Foi director de La Igualdad dende o 19 de agosto de 1874 ata o 13 de outubro dese ano, cando foi encarcerado por non entregar ao capitán xeneral de Castilla la Nueva, Primo de Rivera, unhas cartas que existían na redacción do periódico de varios homes públicos nas que excitaban aos soldados á morosidade na persecución dos carlistas.El Constitucional, 17-10-1874, p. 2. En 1887 presentou a súa candidatura para as eleccións municipais de Madrid polo distrito do Hospicio.La Correspondencia de España, 1-5-1887, p. 3. Foi presidente do consello de administración da Compañía de ferrocarriles de Lérida a Reus y Tarragona. Finou en Madrid o 27 de decembro de 1904.El Correo, 29-12-1904, p. 2. Vida persoal

Casou con Antonia Mas Abad, que finou o 17 de maio de 1890, e foi pai de Ricardo, Josefina, Antonio e Maravillas Bartolomé Mas.La Correspondencia de España, 18-5-1890, p. 4. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. p. 99. ISBN 84-87987-25-7.

Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en 1844

Categoría:Finados en 1904